A SELECCIÓN GALEGA SUB12 DE FUTSAL SUBCAMPIONA DE ESPAÑA COA VIMIANCESA ANA MOUZO DE ADESTRADORA E NO PLANTEL A MUXIANA CLAUDIA OTERO.

 

A Selección Galega Sub12 quedou subcampiona de España tras caer na final contra Cataluña por 6-0. O equipo galego foi dirixido pola vimiancesa Ana Mouzo, e  no plantel xogou a muxiana Claudia Otero, xogadora do Muxía CF. As rapazas chegaron a final tras derrotar a Aragón e Madrid.

Galicia : Leire, Adair, Valeria, Candela Ramos, Raquel, Candela Vázquez, Lorena, Yaiza, Alba, Bea, Claudia Otero e Rocío. Seleccionadora : Ana Mouzo

Na expedición que participou neste campionato disputado en Madrid tamén estivo o vimiancés Dani Costa e o muxián Fran “Pioto”, técnicos das selecións galegas que participaron.

-Foto : RFGF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies