Selección Galega Feminina Sub 12.
Non puido ser e a Selección Galega Feminina Sub 12 de Futsal quedouse as portas de loitar polo título nacional que se celebra en Cadiz, tras derrotar a Melilla no primeiro encontro,(7-1), caer por 4-2 ante a potente Andalucía, e tras ir gañando na primeira metade por 0-2, e derrotaban a Canarias por 0-9, pero non dependían delas para entrar como mellor segunda, que foi o que pasou.
Estas rapazas fixeron un gran campionato e lembrar que no caso das rapazas da Costa, (5), dirixidas por Ana Mouzo e Adriana, técnicas da costa, teñen no seu currículum o campionato galego en futsal e fútbol campo.
De dereita a esqueda : Jimena, (Carnota), Claudia (Cee), Adriana, (Cee), Ana Mouzo, (Vimianzo), Martina, (Muros), Noa, (Muxía) e Martina, (Muros).
A Sub 14 pasa a Fase Final
As rapazas da Sub 14 pasaron a Fase final con pleno de vitorias e xogarán desde ás 12:00 horas de hoxe as semifinais buscando un posto na final polo Campionato de spaña de Seleccións Territoriais.
-Fotos : RFGF/Juan Ángel Sambad
-Texto : Xosé Búa “Pirata”