A SELECCIÓN GALEGA SUB 14 DE FUTSAL FEMININO, COA FISOBERISTA, MARTINA, ARRASA A CANTABRIA, (0-8), NO PRIMEIRO CHOQUE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA QUE SE CELEBRA EN SALOU.

A muradana Martina Fernández Lago, brila no primeiro encontro do Campionato de España Sub14 no que a Selección Galega se estreaba con goleada.

A Costa da Morte está representada no Campionato de España Sub14 de fútbol sala feminino por Martina Fernández Lago, xogadora do Fisober FSF, que forma parte da Selección Galega Sub14 desprazada a Cataluña para a cita estatal.

Martina tivo un papel destacado na vitoria acadada esta mañá fronte á Selección de Cantabria Sub14, nun encontro no que as galegas se impuxeron con claridade por 8-0, deixando moi boas sensacións de cara ao inicio da competición oficial.

A selección galega concentrada na localidade catalana de Salou, onde disputará a fase de grupos do Campionato de España, cun calendario esixente e de alto nivel competitivo.

Intre do Galicia-Cantabria.

Horarios da fase de grupos

  • Mércores 18: Galicia 8-0 Cantabria, no Polideportivo Municipal de Morell.

  • Xoves 19: Galicia vs Selección de Valencia, ás 10:00 h, no Polideportivo Municipal de Vila-rodona.

  • Venres 20: Galicia vs Selección de Andalucía, ás 10:00 h, no Polideportivo Municipal de Morell.

  • -Tódolos encontros en direto pola canle da RFEF  

Martina sigue trunfando

Un novo paso importante para Martina Fernández Lago, que xa foi campiona de liga, de Galicia e de España o pasado ano co Fisober FSF e sigue levando o nome do equipo costeiro, de Muros e da Costa da Morte o máis alto e desta volta nunha das competicións máis importantes do fútbol sala base a nivel estatal.

.

-Foto : Fisober FSF

-Texto : Xoisé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies