A Selección Galega sub 12 feminina, campioa de España con acento da Costa da Morte.

A Selección Galega Sub-12 feminina escribiu este domingo unha páxina dourada para o fútbol sala galego ao proclamarse Campioa de España tras superar con autoridade a Aragón na gran final disputada no pavillón de Torrejón de Ardoz.

O combinado galego impúxose por un contundente 4-0 nun encontro no que as rapazas demostraron un enorme nivel competitivo para coroar un campionato espectacular e levantar o título estatal.

Ana, Marina e Fran ca copa.

Nun éxito histórico para o fútbol sala galego tamén houbo unha importante representación da Costa da Morte. No corpo técnico da selección estiveron a vimiancesa Ana Mouzo e o muxián Fran “Pioto”, mentres que sobre a pista destacou a presenza da ceense Marina Andrade, xogadora do Fisober FSF, formando parte dun equipo que xa queda para a historia do deporte galego.

A selección completou un torneo brilante, mostrando personalidade, intensidade e un gran fútbol sala ata acabar proclamándose a mellor selección autonómica de España na categoría Sub-12 feminina.

Un triunfo que confirma o gran momento que vive a canteira galega e que tamén leva un anaco da Costa da Morte ao máis alto do fútbol sala estatal.

Fran “Pioto” : “Campeonato moi completo da selección con 4 victorias e 16 goles a favor por solo 2 en contra. Na final resultado xusto ainda q Aragon puxo as cousas moi dificiles o descanso 1-0 pero o maior acerto na 2 parte con un xogo moi combinativo das galegas fixo q chegaran os goles e o resultado final d 4-0”.

RESULTADOS

Grupo
Galicia 3-1 Cataluña
Galicia 6-0 castilla la mancha
Semifinais
Galicia 3-1 Andalucía
Final
Galicia 4-0 Aragón

“A nosa máis cordial noraboa a tódalas/ que forman a Selección galega en especial aos representantes da Costa”.

.
-Foto : RFGF
-Foto Ana, Fran e Marina : Fisober FSF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”