A Selección Galega Feminina de Futsal Sub12 debutou esta mañán na loita por un posto na Fase Final do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se está a disputar en Cadiz. Facíano ante a Selección de Melilla a que golearon por 7-1, e xa esperan ao segundo rival do Grupo B no que están enmarcadas xunto con Andalucia, Canarias e Melilla.
Mañán a partires das 10:00 horas enfrontaranse a Andalucía no Pavillón de Deportes “Angelita Alta”, de Cadiz. O vindeiro venres xogarán o derradeiro encontro desta fase ante Canarias, tamén ás 10:00 horas n Polideportivo Municipal “Ruiz Mateos”. Clasifícanse para a Fase Final a selección primeira clasificada de cada grupo, (4), e a segunda mellor. As semifianis será o sábado ás 10:00 horas e a Gran Final o Domingo 9 de Marzal a mesma hora no Pavillón de Deportes “Angelita Alta”.
Na Selección Galega Sub 12 hai un total de 5 rapazas da Costa da Morte, ademáis da adestradora e a sua segunda.
De dereita a esqueda : Jimena, (Carnota), Claudia (Cee), Adriana, (Cee), Ana Mouzo, (Vimianzo), Martina, (Muros), Noa, (Muxía) e Martina, (Muros). Este grupo xa foron campionas de Galicia en fútbol e futsal, dentro das seleccións da Costa da Morte..
A muxiana Noa fixo un dos goles ante Melilla.
-Fotos : Juan Ángel Sambad
-Texto : Xosé Búa “Pirata”