A SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL PRAIA COAS COSTEIRAS SARAY, SASKIA E ROSIO, XA ESTÁ EN SEMIFINAIS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA.

A Selección Sub20 xa está en semifinais, con Saray, (1ª abaixo pola esquerda), Rosio, (porteira da dereita), e Saskia, (a sua esquerda) .

Gran inicio das seleccións galegas femininas no Campionato de España de Fútbol Praia en Cádiz

As seleccións galegas femininas non puideron comezar mellor a súa participación no Campionato de España de Fútbol Praia, que se está a celebrar na Praia da Victoria, en Cádiz.

As galegas celebrando o pase a semifinais.

Na categoría Sub20, na que temos como representantes a xogadoras costeiras Saray Duarte do Fisober FSF e do UC Cee e Rosio do Xallas FC e Saskia do CF Corme. Galicia afrontaba dúas citas nesta primeira xornada. Pola mañá, as xogadoras galegas impuxéronse con claridade a Baleares cun marcador de 5-2. Xa pola tarde, lograron un empate 2-2 fronte a Murcia, sumando así 4 puntos que lles aseguran o pase ás semifinais, aínda que resta por determinar cal será o seu rival.

A categoría Sub17, pola súa parte, tamén debutou con forza na competición. No único encontro disputado no primeiro día, Galicia venceu 3-1 a Canarias. Curiosamente, o equipo canario chegaba con vantaxe tras derrotar anteriormente a Baleares por 4-3. O próximo compromiso das galegas será precisamente ante Baleares, nun encontro clave para decidir a clasificación final do grupo. Un empate sería suficiente para que Galicia remate como primeira de grupo e certifique o seu pase ás semifinais con mellor posición.

-Fotos : RFGF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”