As Sub 11 da Costa campioas de Galicia.
Hoxe era día de festa nos campos de A Torre/”Arsenio Iglesias”, na Coruña. Tiña lugar, tal e como xa vos informamos dçias atrás, a Fase Final do Campionato galego de Seleccións Comarcais. Ata alí viaxaron duas seleccións da costa femininas e duas masculinas e o gran fito histórico foi que se proclamaron campionas galegas o derrotar na Gran Final a Selección de Vigo, por un contundente 5-0.
A nosa máis cordial noraboa para tódalas nenas que forman a Selección da Costa, así coma os técnicos e axudantes da mesma. Hoxe será un día para lembrar toda a vida para estas campionas.
A muxiana Noa Sambad posando ca copa de campioas.
-Fotos e vídeo : Juan Ángel Sambad
-Texto : Xosé Búa “Pirata”