A SELECCIÓN DA COSTA FEMININA SUB13 CAMPIONA DE GALICIA.

A Selección da Costa Sub 13 convirteuse este 14 de febreiro do 2026 en campiona de Galicia no campionato celebrado en Mos. As rapazas da costa no primeiro encontro empataban co combinado de Ferrol, para no segundo derrotar por 1-0 ao de Pontevedra, xa pola tarde daban conta da Selección de Vigo tamén vencendo por 1-0 pasando a final na que tiñan en fronte as rapazas do combinado da Coruña, encontro que acababa con empate a uns, (1-1). Na tanda de penalti as virtuosas costeiras gañaban por 4-1.

Moitas destas rapazas xa foron campionas en futbol campo e a pasada tempada campiuoas de futsal de España e agora todas elas suman unha condecoración máis para elas mesmas e para a Costa da Morte. A nosa máis cordial noraboa por este novo fito histórico.

 

P O R T E I R A S
Valentina García (Muxía)
Sabela Varela (Corme)

D E F E N S A S
Martina Lago (Muros)
Noa Sambad (Muxía)
Noemí Rodríguez (Carnota)
Valeria Fondo (Baio)
Noa Rellán (Zas)
Lola Soneira (Muxía)

M E D I O CAMPISTAS
Claudia Neira (Corme)
Claudia Ares (Cee)
Antía Puñal (Corme)
Paula Miñones (Camariñas)
Gema Mouzo (Camelle)
Valeria Rey (Carballo)

D I A N T E I R A S
Martina Fernández (Louro)
Lucía Romero (Serra de Outes)
Zoe Montero (Cee)
Laura López (Zas)

T É C N I C O S

Adestrador: Rubén Martínez (Cee)
2ª Adestradora: Paula Veiga (Malpica)
Delegado: Jesús Fontaíña (Cee).

 

.

-Fotos : Web RFGF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies