A SELECCIÓN ALEVÍN FEMININA DA COSTA CAMPIOA GALEGA DE SELECCIÓNS COMARCAIS.

As costeiras felices co trofeo de campioas.

 

Este luns 23 de Nadal de 2024 celebrouse nos pavillóns de Montecaxado e no Municipal das Pontes, ambos deste concello, a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala. Máis de 300 rapaces e rapazas déronse cita coa mesma ilusión, a de ser campións e campioas.

A Selección da Costa alzouse co título de Campionas de Galicia tras derrotar na final a Selección de Vigo. Este grupo de rapazas xa acadaron o pasado ano o campionato galego de fútbol.

A nosa máis cordial noraboa aos técnicos e a tódalas rapazas que forman a Selección da Costa, en especial as duas muxianas Noa e Lola.

 

-Foto : Juan Ángel Sambad

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies