A ilusión segue medrando en Negreira ante a cita histórica que a SD Negreira disputará fronte á Real Sociedad na Copa do Rei. O club vén de informar dos prazos e horarios para a recollida das entradas pre-reservadas polos seareiros ata o venres 24 ás 20:30 horas.
As persoas que fixeron a súa pre-reserva poderán retirar as entradas no Campo Municipal Jesús García Calvo nos seguintes días e horarios:
-
Luns 20: de 19:00 a 21:00 horas
-
Martes 21:
-
Mañá: de 11:00 a 13:00 horas
-
Tarde: de 19:00 a 21:00 horas
-
Desde o club agradeceron “enormemente a paciencia e a ilusión” da afección por acompañar ao equipo nun encontro que “marcará un antes e un despois na historia” da entidade vermella e azul.
A SD Negreira continúa así a preparar con coidado todos os detalles dunha das citas máis importantes da súa traxectoria, que levará o nome da vila ao panorama futbolístico nacional.
-Foto : SD Negreira
Texto : Xosé Búa “Pirata”/Prensa SD Negreira