SCDR Esteirana 3-2 Muxía CF
Encontro adiado na 9ª xornada da Liga da Costa Grupo 1A, xogado na tarde-noite deste “Martes de Entroido” no “Xosé Luis Vara” e no que a SCDR Esteirana se proclamou campión de liga a falla de 4 xornadas para o final da liga regular. Este era o derradeiro encontro dos adiados que faltaba por xogar neste grupo.
Os esteiráns adiantábanse no marcador cun gol de Ruso aos 22 minutos de xogo, gol que era neutralizado por Rui para os muxiáns a media hora de xogo. Pouco duraba a ledicia do empate no cadro muxián, pois 7 minutos despois Raúl Lestón, facía o 2-1, co que se chegaba ata o descanso. A hora de encontro, Elías Ruso, repetía e abría fenda no marcador, pero o xogador veterán dos muxiáns, Michael, acurtaba distanzas con moito tempo ainda por diante, (72´), pero xa non se movería o marcador, a pesares de que o fútbol se convirteu en máis directo, e puido pasar de todo.
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman a SCDR Esteirana, por este campionato e a gran campaña que están a facer. Agora a refrendala na loita dos dous grupos.
A loita pola promoción e o descenso
Cos esteiráns campións, a loita continúa pola promoción da que quedan 2 prazas e o descenso. Os muxiáns, seguen na segunda praza con 23 puntos, os mesmos co terceiro, CD Muros, que marca os postos de promoción, dous postos que terán unha dura terna ata o final, co Camariñas FC, a 4 puntos e 1 encontro menos cos muradáns, e o Outes CF, con 17, a 6 dos muxiáns e muradáns. Estes son os únicos dous equipos que lles disputarán aos de Muxía e aos de Muros a loita pola promoción, con CD Baiñas, (12 puntos con 12 por xogarse), Lira CF, (9), UC Cee, (9), e UD Monte Louro, (8), loitarán por non descender.
Encontros pendentes dos adiados do Grupo 1B
SD Castríz-CD Nantón, 04/03 ás 21:00 horas
SD San Lorenzo-SD Castríz, 10/03 ás 21:15 horas
SD Castríz-SCD Malpica, 11/03 ás 21:00 horas.
-Foto : SCDR Esteirana
-Texto : piratasdemuxia