A SANTANDERINA ESPECIALISTA EN COLECCIONISMO ROSARIO SARMIENTO PROTAGONISTA DA “GALERÍA MULLERES” DE MUXÍA NO MES DE ABRIL.

 

Rosario Sarmiento, protagonista da Galería Mulleres de Muxía no mes de abril

Especialista en coleccionismo e na historia da arte da muller en Galicia, o seu traballo contribúe decisivamente a facer visibles ás mulleres artistas.

Con máis de trinta anos de experiencia profesional, dirixiu a colección de arte de Caixa Galicia, e foi subdirectora da Fundación Caixa Galicia.

Dirixiu o documental “ARTE+MULLER+GALICIA”, Premio “Luisa Villalta” de Cultura e Igualdade da Deputacion da Coruña no ano 2018.

 Muxía dedica a súa Galería Mulleres deste mes de abril á figura de Rosario Sarmiento, unha muller licenciada en historia, critica de arte e comisaria de exposicións, xestora cultural e especialista en coleccionismo e na historia da arte da muller en Galicia.

O traballo de Rosario contribúe decisivamente a facer visibles ás mulleres artistas e con máis de trinta anos de experiencia profesional dirixiu a colección de arte de Caixa Galicia. Ademais, foi subdirectora da Fundación Caixa Galicia.

Tamén dirixiu o documental “ARTE+MULLER+GALICIA”, Premio “Luisa Villalta” de Cultura e Igualdade da Deputacion da Coruña no ano 2018.

Sarmiento ten comisariado e organizado , entre outras, exposicións de artistas como Eduardo Chillida, Francisco Leiro, Picasso, Julia Minguillón, Maruja Mallo, Urbano Lugrís, Joan Miró, Isaac Diaz Pardo, Frida Kahlo, Diego Rivera, Manuel Millares, Jannis Kounellis, Yves Saint Laurent: Dialogos con el arte, Leopoldo Nóvoa, Mulleres do Silencio: de Maruja Mallo a Angela de la Cruz e Lolita Díaz Baliño: a realidade soñada…..

Membro do comité científico da Asociación Cultural francesa Eau&Lumiere, e asesora científica ad Ruta do Impresionismo das Mariñas do pintor Francisco Llorens. Colaborou con institucións como a Academia Galega de Belas Artes, Museo das Mariñas de Betanzos, Museo Casa Natal Picasso de Malaga, Chillida-Leku, Casa del Lector Madrid, Auditorio de Galicia, Museo MARCO, Museo e Bienal de Pontevedra, entre outros.

Foi crítica de arte de La Voz de Galicia (1992-1996), Radio Coruña Cadena SER, (2012-2014) e na actualidade no Diario Cultural da RTVG. Colaborou tamén en revistas especializadas como Arte Ibérica, Arte Omega e Arco Noticias, Luzes, Mundiario e Sermos Galiza. É autora e coautora de artigos e diversas publicacións de temática artistica.

Membro da comisión de Artes Visuais do Consello da Cultura Galega, é tamén membro colaborador do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, da asociación MAV (Mulleres na Artes Visuais), IAC (Instituto da Arte Contemporánea) e da Asociación Galega de Criticos de Arte.

As persoas interesadas poden atopar toda a información referente á figura desta artista galega en: www.rosariosarmiento.gal

-Foto e Texto : Departamento de Prensa Concello de Muxía