Tres nomes e moitos anos de historia do CD Baio.
Os Díaz en Baio son sinónimo de fútbol, de pasión polo equipo da sua casa. O mítico xogador costeiro, Santiago Díaz Videla plantou semente no CD Baio, e ata podería decirse o mesmo se falamos do Xallas FC, por parte dél e dos seus dous fillos, Santi e David, pois a sangue, Cancela, tamén tira hacia terras xalleiras, pero neste caso a semente volta a terras baiesas.
O pai xogou no CD Baio antre o 1978 e ó 1993, nos anos do fútbol auténtico da costa, cando se xogaba por diversión, defender as cores do equipo da tua terra, e por presumir de derrotar a tal ou a cual. Acabou a sua carreira no Xallas FC no 1995.
Logo chegou o seu fillo maior, Santi Díaz Cancela, que no fútbol costeiro, criouse no Decano do Fútbol da Costa, para tamén xogar en Dumbría e Carballo, e agora por motivos da vida, en Tui, no Tyde. Pero mamou dende neno as categorías de base do CD Baio e ata xogar no primeiro equipo.
Agora a “Saga dos Díaz” volve a renacer en Baio, e o fillo menor, David, tras xogar en prenexamíns e benxamíns no clube baiés, enrrolouse no Xallas FC, para agora a piques de cumprir os 16 debutar no pasado Trofeo Gasthof, co CD Baio Xuvenil.
Tres nomes propios da historia do equipo baiés, que se ven agora representados no menor da casa, pero que levan o CD Baio nos seus corazóns, para, e por sempre.
-Fotos : Santiago Díaz
-Texto : piratasdemuxia