A ROTURA DE CONVERSAS ANTRE O RC DEPORTIVO E RUBÉN DE LA BARRERA, UN ASUNTO CON MOITO TRASFONDO.

 

Tan só pasou unha semana dende que acabou a liga pero unha vez máis hai culebrón no RC Deportivo. Un ambente nada desexado polos afeccionados pero que ven sendo a tónica normal dende os derradeiros tempos de Lendoiro, coa Lei Concursal e toda crasede xuntanzas co futuro do clube o límite, para logo xa con Tino a destitución de Fernando Vázquez, a dimisión da diretiva, a entrada doutra, a marcha da diretiva, a entrada doutra, a expulsión da que entraba e agora a rotura de conversas con Rubén de la Barrera, que parecía ser a imaxe do adestrador deportivista que antepoñía o escudo a todo, pero ai a ser que non, e isto parece que é o comezo dunhas xornadas cinvulsas nas que haberá filtracións de comentarios e xa has está a haber.

Din na Voz de Galicia que o RC Deportivo di sobre a rotura de Rubén de la Barrera, supostamente por flirtear co UD Las Palmas, cando só tiña olliños para o clube deportivista que : “Sen pechar aínda o acordo de renovación para un proxecto a medio prazo do que sería peza importante, (o club ía ampliar as súas facultades), Rubén de la Barrera recibe unha proposta do As Palmas. O Deportivo é comprensivo e non lle pon obxección a poder escoitar esa proposta. O obxectivo: que libremente valorase e comparase ambos os proxectos, confiando en que non dubidase de que a opción boa era seguir na Coruña. Unha vez comparados, Rubén decide apostar polo proxecto no fútbol profesional que lle achega a Primeira División, con todo o que iso conleva, e traslada unha contraoferta que, só se é rexeitada ou non respondida, faríalle retomar a do Deportivo”.

Ao igual que pasou con Fernando Vázquez noutros tempos a decisión é perda de ilusión no proxecti, segundo informan dende La Voz de Galicia, segundo unha fonte do clube : “A perda de ilusión e compromiso no proxecto…que necesita de toda a enerxía e confianza posibles, imprescindibles para poder sacar da difícil situación da entidade adiante”.

Sonan para adestrador do Depor, Yago Iglesias e Borja Jiménez

Nada máis saberse que o RC Deportivo abandoaba a idea de seguir negociando con Tubén de la Barrera, apareceron os nomes de Yago Iglesias, que deixou o SD Composteal e do estes días xa colocaban no filial do C. de Vigo, así coma o de Borja Jiménez que deixaba o FC Cartagena.  Dous nomes interesantes para i que se quere a levar a cabo no clube. Xente xove e preparada para crecer co equipo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/La Voz de Galicia