A RFGF TAMÉN PRORROGA A SUSPENSIÓN DAS COMEPITICÓNS ATA QUE NON HAXA RISCO PARA A SAÚDE DE TODOS.

 

COMUNICADO OFICIAL

A RFGF APROBA PRORROGAR A SUSPENSIÓN DE TODAS AS COMPETICIÓNS DE
ÁMBITO AUTONÓMICO, PROVINCIAL E LOCAL ATA QUE AS AUTORIDADES
CONSIDEREN QUE SE PODEN REANUDAR SEN RISCO

Logo da ampliación do Estado de Alarma decretado polo Goberno de España, a Xunta Directiva da
RFGF aprobou este domingo 22 de marzo, en reunión mantida por videoconferencia, prorrogar a
suspensión de todas as competicións de ámbito autonómico, provincial e local, tanto na
modalidade principal de fútbol como en todas as súas especialidades (fútbol sala, fútbol gaélico…)
ata que as autoridades competentes consideren que se poden reanudarsen risco algún para a saúde
dos futbolistas, corpo técnico e empregados dos clubs e para o público asistente.

Medida esta que
se toma de acordo co comunicado emitido pola Real Federación Española de Fútbol.
Do mesmo xeito, a RFGF tamén mantén todas as medidas de protección dos seus empregados e
dos seus afiliados, polo que todas as sedes e instalacións federativas permanecen pechadas ao
público.

A RFGF implementou o teletraballo como medida de funcionamento para poder manter a súa
actividade administrativa. A atención aos clubs está asegurada de maneira telemática a través
da Intranet, polo que pedimos a todos aqueles que queiran contactar coa Federación que o fagan a
través dos distintos correos habilitados na intranet, ou tamén a través da atención telefónica no
número 981 900 600, que se mantén con servizos mínimos.

Confiamos que todos e todas vos atopedes en bo estado de saúde, ao igual que todos os vosos
familiares, e apelamos á responsabilidade de todos para seguir de maneira escrupulosa as
indicacións das autoridades estatais e autonómicas co fin de conseguir entre todos esta importante
vitoria ante o coronavirus.

Queda na casa!!

Rafael Louzán Abal
(Presidente da RFGF)

 

-Texto : RFGF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.