Esta decisión súmase á suspensión decretada pola Federación Española nas
competicións de categorías nacionais
Ante a situación de urxencia que está xerando a expansión do Coronavirus COVID-19 e logo dos comunicados
do CSD e o emitido esta mañá pola Real Federación Española de Fútbol no que decreta a suspensión da
competición de fútbol e fútbol sala de ámbito estatal durante as dúas próximas semanas, recomendando
ademáis a mesma medida a todas as federacións territoriais, a Real Federación Galega de Fútbol informa
que TODA a competición autonómica de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico tamén queda SUSPENDIDA
durante ese mesmo prazo de dúas semanas. Medida de urxencia que comeza a ser efectiva desde mañá
xoves.
A RFGF non quere crear ningún tipo de alarma, pero esta decisión extraordinaria enténdese necesaria para
unha situación que é claramente extraordinaria. Dentro da nosa capacidade pretendemos con esta medida
garantir a saúde e seguridade dos nosos deportistas e de todas as persoas que dun ou doutro xeito move
cada partido de fútbol, fútbol sala e gaélico que se disputa en Galicia.
Con esta decisión tamén se busca manter a homoxeneidade da competición estatal e autonómica dentro da
nosa comunidade e tamén para non quedar a expensas de posibles suspensións motivadas por peches de
instalacións en determinados concellos.
A RFGF manterá un permanente contacto coas autoridades deportivas e sanitarias de Galicia, así como a
Federación Española, e informará puntualmente aos clubs de calquera cambio que se produza no referente
a esta decisión.
A RFGF convocou para mañá con carácter de urxencia aos delegados federativos e aos membros da Xunta
Directiva para definir os procedementos e medidas necesarias no que respecta ao ámbito competicional, co
fin de que os clubs coñezan o antes posible todas as modificación que se deberán realizar como consecuencia
desta suspensión.
-Foto : piratasdemuxia.es
-Texto : José Luis Chantrero/RFGF
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.