A RFGF REPARTIRÁ 1 MILLÓN DE EUROS ENTRE OS CLUBS GALEGOS DAS CATEGORÍAS NACIONAIS MASCULINAS CO PROGRAMA “CANTEIRA CON VALORES”

 

 A Real Federación Galega de Fútbol vai enviar aos clubs galegos das categorías nacionais masculinas, notificacións provisionais das cantidades económicas que proceden de dous programas de axudas aprobados pola Real Federación Española de Fútbol.

Por primeira vez ponse en marcha o programa “Canteira con Valores” para axudar a aqueles clubs que teñen estrutura de base.

En base a este programa veñen para o fútbol galego nin máis nin menos que un millón de euros, distribuidos entre os clubs de 1ª División, 2ª División, 2ª División B e 3ª División.

Hai que ter en conta que son axudas correspondentes á temporada 18-19.

 Na resolución provisional veñen unhas cantidades asignadas a 2ªB e 3ª que foron modificadas e que xa constarán na resolución definitiva.

2ªB: Pasan de 6.797 a 7.860 euros

3ª: Pasan de 14.978 a 16.640 euros

Ademais, onte a RFEF fixo pública a axuda para os clubs de categoría xuvenil (División de Honor e Liga Nacional).

Sumadas ás axudas dos dous programas son máis de 1 millón de euros os que a RFGF vai repartir entre os clubs galegos destas categorías.

O presidente da RFGF e a súa Xunta Directiva agradecen o esforzo e o compromiso da Real Federación Española de Fútbol cos clubs, non só mantendo as axudas dos anos anteriores, senón ampliándoas con este novo programa Canteira con Valores.

 

-Texto e Foto : Gabinete de comunicación da RFGF.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.