A RFGF PRESENTOU O BALÓN PARA A TEMPADA 2019/20

 

A REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL E NIKE PRESENTAN O
NOVO BALÓN OFICIAL DO FÚTBOL GALEGO PARA A
PRÓXIMA TEMPADA 2019/2020

A Real Federación Galega de Fútbol, no seu afán por continuar marcando a diferenza e a súa
aposta pola unificación do esférico desde a chegada do actual presidente Rafael Louzán e o seu
equipo directivo, desvela este mércores un dos segredos mellor gardados.

Bautizado como Nike Strike Team non é un esférico calquera e agocha varios segredos, entre
eles unha evolución na calidade do balón e un deseño único e exclusivo que inclúe o ‘beat’ da
Real Federación Galega de Fútbol.

É comezar setembro e o mundo párase a virar a un só protagonista: o balón. Ou o fútbol. Porque
desde que o fútbol é fútbol, esa cousa redonda que nos levanta do sofá cando se mete na portería
tivo unha gran evolución, tanto técnica como esteticamente.

A Real Federación Galega de Fútbol, no seu afán por continuar marcando a diferenza e a súa
aposta pola unificación do esférico desde a chegada do actual presidente Rafael Louzán e o seu
equipo directivo, desvela este mércores un dos segredos mellor gardados, o novo deseño
exclusivo do esférico para a próxima campaña. A preocupación volve ser ofertar aos clubs un
balón de calidade a un prezo reducido, de aí esta nova evolución do coiro oficial do fútbol galego.
Así, a RFGF e Nike chegaron a un acordo para sacar á luz este mércores o novo balón da
competición doméstica.

Durante a tempada 2019/2020 será de novo o logotipo da marca
estadounidense o que estea presente nos campos da nosa comunidade e servirá para a disputa
de encontros de todas as categorías autonómicas, desde Preferente ata biberóns.

O “Nike Strike Team” non é un esférico calquera e agocha varios segredos, entre eles
unha evolución na calidade do balón e un deseño único e exclusivo.

“O balón de fútbol Nike Strike Team presenta un deseño resistente e ofrece un rendemento
excepcional no campo grazas aos seus doce paneis, que dotan ao balón dun voo preciso. Conta
con ranuras Nike Aerowtrac para mellorar a estabilidade no voo, cun estampado Visual Power
que facilita o seguimento do balón e cunha cámara de butilo para reter o aire e conservar a forma
Páxina 2 de 2 e cunha cuberta texturizada que proporciona un toque óptimo”, explican os responsables da marca.

No balón tamén se introduciron melloras nos materiais para ofrecer un tacto máis suave e limpo
á hora da súa golpeo. Ademais, o xogo será moito máis fluído tanto en terreos secos como
húmidos, pois o novo balón está deseñado para adaptarse perfectamente a calquera condición meteorolóxica.

No que se refire á cor, o novo balón do fútbol galego presenta tonalidades azuis que axudan a
visibilizar o seu xiro e a súa traxectoria. O azul está combinado con cores brancas e vermellas.
Outra das novidades é que, por primeira vez, o balón inclúe o ‘beat’ da Real Federación Galega de
Fútbol, sendo un recurso completamente visual que se integra xunto co logotipo da marca.

-Unha información e foto que nos achega a RFGF-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es