A RFGF PRESENTARÁ NAS VINDEIRAS SEMANAS OS PLANS COMPETICIONAIS.

 

A RFGF presentará nas vindeiras semanas os plans competicionais da 20-21, pero sempre supeditados á evolución da pandemia. Este martes publicarase un protocolo

 

COMUNICADO OFICIAL

 

AS COMPETICIÓNS DA TEMPADA 2020-2021, SUPEDITADAS Á EVOLUCIÓN DA PANDEMIA

Antes as lóxicas dúbidas e consecuentes preguntas e chamadas recibidas de parte dos clubs, queremos informar que o departamento de competicións e a secretaría xeral da Real Federación Galega de Fútbol seguen a traballar arreo para confeccionar os calendarios da próxima campaña, pero todo ese traballo está condicionado pola evolución da pandemia. Adiantamos que o obxectivo de partida é comezar as ligas de ámbito autonómico durante o mes de outubro (as competicións con maior número de equipos, como é o caso de Preferente, arrincarán a fin de semana do 3-4 de outubro), sempre e cando o permitan as autoridades sanitarias. No caso das competicións de ámbito nacional, a RFEF xa fixo oficiais algúns calendarios e estamos á espera de noticias ao respecto das demáis competicións.

Nos próximos días a RFGF comezará unha serie de reunións cos clubs de toda Galicia, de xeito telemático, para ir informando dos plans competicionais, aínda que todo sempre supeditado á evolución da situación sanitaria. Por iso é importante subliñar que polo de agora non serán plans competicionais definitivos, pois en función da evolución da pandemia poderían sufrir variacións. Tal e como xa se foi avanzando, practicamente todas as categorías dividiranse en subgrupos por criterios xeográficos, o que representará un importante aforro para os clubs e unha reducción de datas nos calendarios.

O departamento de competicións xa ten moi avanzados os plans competicionais, os cales serán presentados nas vindeiras semanas aos clubs, pero reiterando que nada é definitivo.

Do mesmo xeito informamos que non será ata mediados do mes de agosto cando se abra o proceso de tramitación de licenzas para as categorías de ámbito autonómico.

Cómpre lembrar tamén que a día de hoxe a Xunta de Galicia non permite o deporte con contacto físico, polo que agora mesmo os equipos si poden adestrar cumprindo os protocolos aprobados e sen contacto, pero non poden xogar partidos. Neste sentido, desde a RFGF apelamos á responsabilidade e á prudencia co fin de non colaborar na propagación da COVID-19.

A RFGF enviou á Secretaría Xeral para o Deporte un protocolo que este martes será aprobado e publicado na web federativa, ademais de ser enviado aos clubs pola intranet.

A Xunta Directiva da RFGF

A Coruña, 3 de agosto de 2020

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/RFGF

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.