Recollida de todo tipo de material deportivo.
Segundo nos informan dende a RFGF :
“A Xunta Directiva da RFGF aprobou poñer en marcha unha campaña solidaria consistente na recollida de todo tipo de equipamento deportivo que a Federación enviará a colectivos e persoas con necesidades aos que este material pode permitirlles facer deporte
O modo de proceder para aqueles clubs interesados é poñerse en contacto coa súa delegación e enviar alí o material, limpo e en bo estado, que persoal federativo procesará para o seu envío, tanto a asociacións existentes en Galicia como tamén a outras de países africanos
As recollidas de xoguetes e alimentos, as campañas de donativos e outras orixinais propostas solidarias volverán protagonizar o Nadal en Galicia. O mes de decembro está ao virar a esquina e como soe ser habitual se poñerán en marcha iniciativas solidarias de todo tipo para, polo menos, tentar sacar un sorriso aos que máis o necesitan. Gratitude, xenerosidade, empatía e unión son algunhas das características que definen a iniciativa deseñada pola Real Federación Galega de Fútbol para este ano.
A Xunta Directiva da RFGF aprobou na súa última xuntanza poñer en marcha unha campaña solidaria de Nadal consistente na recollida de todo tipo de equipamento deportivo que a gran familia do fútbol galego enviará a colectivos e persoas con necesidades aos que este material pode permitirlles facer deporte, e en particular xogar ao fútbol e ao fútbol sala. O equipamento destinarase principalmente a nenos e nenas que viven en condicións de dificultade nas que unhas meras botas usadas ou unhas camisetas de segunda man poden representar o mellor agasallo das súas vidas.
Ademais, a entidade que preside Rafael Louzán colaborará directamente coa cesión de equipamento propio e ponse a disposición de todos aqueles clubs que queiran participar tamén desta iniciativa.
Procedemento
O modo de proceder para aqueles clubs interesados é poñerse en contacto coa súa delegación e enviar alí o material, limpo e en bo estado, que persoal federativo procesará para o seu envío, tanto a asociacións existentes en Galicia como tamén a outras de países africanos que xa se puxeron en contacto coa Federación solicitando esta colaboración.
Desta maneira, o deporte rei en Galicia volve mostrar a súa cara máis solidaria”.
-Foto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es
-Texto : Óscar Méndez/RFGF
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.