A RFGF INGRESARÁ MÁIS DE 187.000 EUROS AOS CLUBS GALEGOS DA SEGUNDA B E TERCEIRA DIVISIÓN :

 

A RFGF que preside Rafael Louzán ingresará máis de 187.000 euros procedentes do programa “Canteira con Valores” da RFEF aos os clubs galegos da Segunda B e da Terceira División.

Este novo programa que puxo en marcha a RFEF, “Canteira con Valores”, supón unha inxección económica adicional de máis de 3,2 millóns de euros para os clubs de Segunda División B e Terceira División. Estes fondos proceden da UEFA a través de plans de fomento da canteira, de solidariedade e contra o racismo. Todo este diñeiro chega en última instancia das competicións europeas que disputan os grandes clubs -UEFA Champions League e UEFA Europa League- e por primeira vez na historia repártese entre clubs non profesionais.

A Real Federación Española de Fútbol incrementou aínda máis os fondos que reciben os clubs máis modestos do fútbol español. Faino a través dun novo programa, “Canteira con Valores”, que engadirá 3,2 millóns para os conxuntos de Segunda División B e Terceira División.

Estas novas axudas únense ás percibidas esta tempada, o que significará en conxunto un aumento dun 50 por cento sobre a anterior. Consolídase así a maior repartición económica na historia do fútbol afeccionado.

De feito, a RFEF convértese na primeira Federación do mundo que reparte estas axudas para a súa cuarta división (que en España é a Terceira División).

Os datos que corresponden aos clubs da Segunda División B na tempada 2018/2019 son de 16.643,26 euros, mentres que os de Terceira División reciben 8.080,54 euros. En total son máis de 187.000 euros os que recibe o fútbol galego.

REPARTO POR CLUBES  
Nombre club total
Pontevedra C.F. Sad 16.643,26 €
Club Rapido de Bouzas 16.643,26 €
Coruxo F.C. 16.643,26 €
Alondras CF 8.080,54 €
Arosa SC 8.080,54 €
Bergantiños FC 8.080,54 €
CD Arenteiro 8.080,54 €
CD Boiro 8.080,54 €
CD Choco 8.080,54 €
CD O Barco 8.080,54 €
CD Ribadumia 8.080,54 €
Céltica FC 8.080,54 €
Ourense CF 8.080,54 €
Porriño Industrial FC 8.080,54 €
Racing Club Ferrol SAD 8.080,54 €
RC Villalbes 8.080,54 €
SD Compostela 8.080,54 €
Silva S.D. 8.080,54 €
UD Ourense 8.080,54 €
UD Paiosaco-H. Añón 8.080,54 €

 

-Texto : Gabinete de comunicación RFGF

-Foto : piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.