A RFGF que preside Rafael Louzán ingresará máis de 187.000 euros procedentes do programa “Canteira con Valores” da RFEF aos os clubs galegos da Segunda B e da Terceira División.
Este novo programa que puxo en marcha a RFEF, “Canteira con Valores”, supón unha inxección económica adicional de máis de 3,2 millóns de euros para os clubs de Segunda División B e Terceira División. Estes fondos proceden da UEFA a través de plans de fomento da canteira, de solidariedade e contra o racismo. Todo este diñeiro chega en última instancia das competicións europeas que disputan os grandes clubs -UEFA Champions League e UEFA Europa League- e por primeira vez na historia repártese entre clubs non profesionais.
A Real Federación Española de Fútbol incrementou aínda máis os fondos que reciben os clubs máis modestos do fútbol español. Faino a través dun novo programa, “Canteira con Valores”, que engadirá 3,2 millóns para os conxuntos de Segunda División B e Terceira División.
Estas novas axudas únense ás percibidas esta tempada, o que significará en conxunto un aumento dun 50 por cento sobre a anterior. Consolídase así a maior repartición económica na historia do fútbol afeccionado.
De feito, a RFEF convértese na primeira Federación do mundo que reparte estas axudas para a súa cuarta división (que en España é a Terceira División).
Os datos que corresponden aos clubs da Segunda División B na tempada 2018/2019 son de 16.643,26 euros, mentres que os de Terceira División reciben 8.080,54 euros. En total son máis de 187.000 euros os que recibe o fútbol galego.
| REPARTO POR CLUBES | |||
| Nombre club | total | ||
| Pontevedra C.F. Sad | 16.643,26 € | ||
| Club Rapido de Bouzas | 16.643,26 € | ||
| Coruxo F.C. | 16.643,26 € | ||
| Alondras CF | 8.080,54 € | ||
| Arosa SC | 8.080,54 € | ||
| Bergantiños FC | 8.080,54 € | ||
| CD Arenteiro | 8.080,54 € | ||
| CD Boiro | 8.080,54 € | ||
| CD Choco | 8.080,54 € | ||
| CD O Barco | 8.080,54 € | ||
| CD Ribadumia | 8.080,54 € | ||
| Céltica FC | 8.080,54 € | ||
| Ourense CF | 8.080,54 € | ||
| Porriño Industrial FC | 8.080,54 € | ||
| Racing Club Ferrol SAD | 8.080,54 € | ||
| RC Villalbes | 8.080,54 € | ||
| SD Compostela | 8.080,54 € | ||
| Silva S.D. | 8.080,54 € | ||
| UD Ourense | 8.080,54 € | ||
| UD Paiosaco-H. Añón | 8.080,54 € |
-Texto : Gabinete de comunicación RFGF
-Foto : piratasdemuxia.es

++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
