A RFGF CONVOCA UNAS XORNADAS DE TRABALLO DOS DELEGADOS DE TODOS OS EQUIPOS DE GALICIA.

 

A RFGF CONVOCA UNHAS XORNADAS DE TRABALLO COS DISTINTOS DELEGADOS DOS EQUIPOS EN TODAS AS SEDES FEDERATIVAS DE GALICIA

-Na Costa da Morte será o Martes 8 en Baio ás 20:00 horas-

Estas xornadas de traballo levaranse a cabo nas delegacións da Real Federación Galega de Fútbol agás na cidade de Ourense, onde por problema de espazo terá lugar na Casa de Chocolate da Xunta de Galicia

Cuestións relacionadas coas actas arbitrais, a tipoloxía e funcións propias dos delegados, o proceder tanto no pre partido como durante o desenvolvemento do mesmo e outros asuntos de interese son os eixos sobre os que transcorrerán as reunións

Cuestións relacionadas coas actas arbitrais, a tipoloxía e funcións propias dos delegados, o proceder tanto no pre partido como durante o desenvolvemento do mesmo e outros asuntos de interese son os eixos sobre os que transcorrerán as reunións cos delegados dos distintos clubs de Galicia que pon en marcha a Real Federación Galega de Fútbol en todas as delegacións federativas de Galicia.

Deste xeito, a entidade que preside Rafael Louzán quere destacar a figura do delegado, unha persoa capital e imprescindible en todos os equipos, posto que é o nexo de unión entre adestrador, xogadores e árbitros. O delegado representa ao club dentro e fóra del, polo que sempre vela polo bo comportamento de todo o colectivo, tanto no club, en instalacións deportivas, vestiarios propios e de clubs alleos.

Cómpre salientar que nestas xornadas de traballo tamén participarán os árbitros da delegación en cuestión.

Estas xornadas de traballo levaranse a cabo nas delegacións da RFGF agás en Ourense, onde por problema de espazo terá lugar na Casa de Chocolate da Xunta de Galicia.

As datas de celebración destas xuntanzas de traballo cos delegados dos clubs son as seguintes:

Luns 7 de outubro: Ourense

Martes 8 de outubro: Costa da Morte, (Baio), (20:00 horas)

Xoves 10 de outubro: Santiago de Compostela

Luns 14 de outubro: Lugo

Xoves 17 de outubro: A Coruña

Martes 29 de outubro: Vigo

Mércores 30 de outubro: Pontevedra

-Texto : César Méndez-RFGF

-Foto : RFGF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.