A RFGF ANUNCIARÁ NOS PRÓXIMOS DÍAS A SUSPENSIÓN DEFINITIVA DO FÚTBOL BASE EN GALICIA E POÑERÁ EN MARCHA UNHA INICIATIVA SOLIDARIA

As ligas de base daranse por finalizadas.

 

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, mantivo este xoves un encontro virtual cos medios de comunicación de Galicia para tratar os diferentes asuntos de actualidade que rodean ao mundo do fútbol.

Nunha rolda de prensa telemática que se prolongou durante máis de hora e media, Louzán púxose ao dispor dos profesionais dos medios para analizar as alternativas que se expuxeron durante os últimos días nas reunións que o máximo dirixente do fútbol galego mantivo coa RFEF e co resto de Federacións Territoriais.

Durante este encontro virtual, Louzán anunciou que a RFGF anunciará nos próximos días a suspensión definitiva do fútbol base en Galicia e que o orzamento fixado desde o inicio da presente tempada e que iría destinado á adquisición de todos os trofeos e medallas para os campións das diferentes competicións irá destinado á compra de material sanitario para os clubs co obxectivo de cumprir así co protocolo que deseñarán as autoridades sanitarias na volta á actividade deportiva.

Cómpre salientar, ademáis, que a RFGF xa mantuvo unha xuntanza telemática con todos os clubs de Terceira División e da Preferente Galicia e que hoxe mesmo comezará a rolda de contactos con todas as entidades da Primeira Galicia. A Federación tamén analizará as alternativas plantexadas para finalizar a competición na especialidade do fútbol sala e no fútbol feminino.

 

 LIGAZÓN CO AUDIO E VÍDEO COMPLETO DO ENCONTRO VIRTUAL EN WETRANSFER

PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/RFGF

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.