A RFGF ABREU O PRAZO DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS PARA A 2022/23 PARA TODO O FÚTBOL GALEGO AFECCIONADO.

 

Quedou aberta dende hoxe a inscripción dos equipos para todo o fútbol galego afeccionado e de base, masculino e feminino, tal como apunta a RFGF na sua circular, emitida na tarde de hoxe :

CIRCULAR Nº1

Coa modificación regulamentaria do 19 de xullo de 2021 modificouse o proceso de inscrición dos equipos nas distintas categorías. Esta modificación cristalizou nos artigos 191 e 192.1 do RG, normas que dispoñen o seguinte:

Art. 191 – A categoría dos equipos

“Os equipos adquiren, manteñen ou perden a súa categoría en función á clasificación final das competicións da tempada e con efectos ao termo desta, e estarán clasificados en grupos ou divisións segundo proceda por potencialidade deportiva e/o criterio xeográfico, a condición de que cumpran cos requisitos esixidos en cada categoría.

Será imprescindible e obrigatoria a inscrición formal dos distintos equipos nas competicións oficiais ás que tivesen dereito a participar por méritos deportivos, iso como requisito previo e indispensable para a participación nas mesmas.

O procedemento de inscrición será determinado pola RFGF na plataforma informática federativa habilitada para os efectos, establecéndose cada tempada os prazos de inscrición en cada categoría e división os cales non poderán ser inferior a 15 días naturais.

Entenderase producida a renuncia para participar nas competicións a falta de inscrición dos equipos na data límite sinalada para os efectos. A non inscrición na competición producirá os efectos competicionales e disciplinarios correspondentes.”

Artigo 192 Requisitos económicos de participación

“1. Os clubs estarán obrigados a abonar, se o houbese, o saldo debedor ao comezo de cada tempada o cal deberá saldarse antes da presentación da primeira licenza federativa ou quince (15) días antes do inicio da primeira competición na que estivese inscrito o club, o primeiro que se produza. De non abonar o club a débeda 15 días antes do inicio da primeira competición na que estivese rexistrado, esta circunstancia provocará a desinscripción dos distintos equipos do club. Terá a mesma obrigación de abonar a que ao 31 de decembro da tempada en curso lanzase a súa conta contable na RFGF, abono que deberá realizarse antes do 31 de xaneiro.”

Por conseguinte, e como se puxo de manifesto, a inscrición dos equipos nas competicións é un trámite obrigatorio para poder participar en cada unha delas, debendo ser esta realizada de forma explícita e formal nos prazos que se establezan sen ser suficiente unha inscrición tácita ou presunta.

INSCRICIÓN DE EQUIPOS EN COMPETICIÓNS OFICIAIS DE ÁMBITOAUTONÓMICO

Coa formalización da inscrición e consecuente aceptación por parte da RFGF, o club deberá estar ao corrente coa RFGF para poder dilixenciar licenzas federativas, pola contra, seralle de aplicación un bloqueo administrativo ata que salde a débeda federativa, prazo de abono que finalizará 15 días antes do inicio da primeira competición onde estea inscrito o club. En caso contrario os equipos serán desinscritos das correspondentes competicións, coas consecuencias competicionales e disciplinarias sinaladas ao caso, sen que esta circunstancia exima do futuro pago ou a posible reclamación de cantidade vía xudicial ao club e aos seus directivos, á vista da responsabilidade dos directivos fronte a terceiros, responsabilidade proclamada polo artigo 47.f) da Lei do Deporte de Galicia.

MODO E DATAS DE INSCRICIÓN DOS EQUIPOS NA COMPETICIÓN OFICIAL

A inscrición nas competicións oficiais da RFGF ten carácter voluntario e a súa formalización implica a suxeición voluntaria de carácter especial á normativa da RFGF.

Os clubs deberán formalizar a inscrición de todos os seus equipos nas competicións oficiais da RFGF mediante a plataforma habilitada pola RFGF, “Área de Xestión – Inscrición en liña de equipos”.

A inscrición en TODAS as competicións e categorías abrirase o 6 de xullo de 2022 e as datas de peche
relaciónanse a continuación:
✓ Preferente Galicia, Primeira Galicia, Liga Galega Xuvenil, División Honra Cadete, Liga Galega Cadete, División Honra Infantil e Liga Galega Infantil – 18 de xullo incluído.
✓ A data de peche do resto de competicións de fútbol 11 será o 1 de agosto de 2022.
✓ En fútbol FEMININO, a inscrición ábrese o 6 de xullo para todas as categorías con peche do prazo:
• 1ª División LGF – o 18 de xullo.
• Resto de categorías femininas (2ª División LGF, Fútbol 7, LG Cadete, LG Infantil e LG
Promesas) – 12 de agosto
✓ A data de peche das competicións de Fútbol Veterano e as de Fútbol 8 será anunciada co tempo de antelación suficiente.

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia/RFGF

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies