A RFEF RECOÑECE A COPA DE ESPAÑA DO 2012 PARA O RC DEPORTIVO, TÍTULO QUE TAMÉN TEÑEN CONTABILIZADO BARCELONA OU ATLHETIC CLUB.

 

No día de hoxe a RFEF en xuntanza en Málaga recoñeceu o “Título perdido” que descubreu Rubén Lavandeira no libro do mesmo título. Un título que teñen recoñecido nos seus equipos coma o Barcelona e o Atlhetic Club de Bilbao. Polo tanto o !Equipo de Galicia” no que a fútbol se refire, o RC Deportivo, suma 7 títulos nacionais, títulos que ningún outro equipo galego ten.

A Real Federación Española de Fútbol ratificou a oficialidade da Copa España de 1912 que conquistou o RC Deportivo, que incrementa o seu palmarés de 6 a 7 títulos nacionais absolutos.

A RFEF tomou a decisión na súa xunta directiva desta mañá en Málaga, a petición do seu presidente, Luis Rubiales. O ente reitor do fútbol nacional recibiu o pasado mes de decembro un escrito do RC Deportivo baseado no libro ‘De la Sala Calvet al título olvidado. Albores del RC Deportivo 1901-1912’, obra de Rubén Ventureira, no que se resumía en 11 puntos os argumentos para que fose considerado como un trofeo oficial nacional de máxima categoría. Posteriormente, a RFEF analizou toda a documentación achegada e tivo en conta os informes vinculados de expertos na materia histórica do fútbol, que valoraron de maneira positiva a reclamación deportivista.

O autor do libro descubriu a conquista da Copa España de 1912 durante a elaboración do mesmo, na súa pretensión de detallar con inédita minuciosidade as orixes e primeiros anos de vida da entidade. O responsable de patrimonio e historia do Club, Lois Novo, atopou rapidamente o trofeo, entre os máis de 1.500 que conserva o Club, grazas a que leva gravado o nome da Federación Española de Clubs de Foot-ball e todos eles foron catalogados e almacenados para realizar a reforma da sede social da Praza de Pontevedra en 2017.

A conservación da Copa España de 1912 tamén é un éxito de Ramón de Llano, xestor único do Club durante a Guerra Civil, xa que evitou que todos os trofeos en posesión do RC Deportivo fosen fundidos, como o foron os doutros clubs galegos, para fabricar material litúrxico.

Existen varias razóns para que aquel campionato converteuse no primeiro título oficial do Club, pero a principal é que foi unha competición aberta á participación de todos os clubs españois e organizada pola mencionada Federación Española de Clubs de Foot-ball. A FECF, nacida en 1909, foi unha das dúas asociacións que xunto á Unión Española de Clubs de Foot-ball (UECF) deron orixe á actual Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e durante a súa existencia organizou 4 Campeonatos de España/Copa de SM El Rey recoñecidos oficialmente desde entón.

Do mesmo xeito, a Copa España de 1912 disputouse conforme a un regulamento publicado pola FECF con suficiente antelación e a competición celebrouse en tempo e forma no lugar acordado case catro meses antes pola asemblea federativa. A conservación do trofeo por parte do RC Deportivo é outra das claves, como tamén o é o feito de que en 1913, a FECF e a UECF organizaron senllas edicións da Copa España e ambas designaron A Coruña como sede das súas fases finais, recoñecendo así mesmo a federación disidente a consecución por parte do RC Deportivo do título o ano anterior. Ningunha destas dúas edicións chegaron a concluírse debido a que ambas as entidades deron paso, en setembro de 1913, á actual RFEF.

Agora, a Copa España de 1912 pasa a ser o primeiro título nacional da historia do RC Deportivo, que aumenta de 6 a 7 o seu palmarés: 1 Campionato Nacional de Liga de Primeira División (2000), 2 Copas do Rei (1995 e 2002), 1 Copa España (1912) e 3 Supercopas de España (1995, 2000 e 2002).

-Foto : RC Deportio/RFEF

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo