A RFEF PROPÓN QUE OS PLAY-OFF DE ASCENSO VOLTEN A DOBRE PARTIDO.

Riazor foi a única sede única rentable.

 

Ainda que agora hai máis casos de COVID-19 que antes, o efecto das vacunas fai que na maioría dos casos sexa coma un catarro, ou pouco máis. A RFEF que impuxo os Play-Off de ascenso en sede única debido a pandemia, e na tarde de onte propuxo en xuntanza cos clubes da 2ª RFEF voltar ao de antes, as eliminatorias en campo de cada equipo, a dobre volta.

Así o comunican dende o ente deportivo : “A Real Federación Española de Fútbol, en a Comisión de Segunda B – Segunda RFEF celebrada este xoves en Las Rozas, propuxo recuperar, a partir da tempada 2022/2023, o formato de playoff de esa categoría con eliminatorias de ida e volta. Ademais, este criterio aplicaríase ao resto de categorías (Primeira RFEF e Terceira RFEF)”.

O mesmo para a Permanenza

Despois do período de reflexión e consultas que abriu este luns a propia RFEF con as federacións territoriais e cos clubs, proponse así regresar ao formato tradicional con eliminatorias a dobre partido. No caso da Segunda RFEF, o sistema sería igual para o Torneo da Permanencia, que xogan os catro peores conxuntos que terminen en a décimo terceira praza dos seus grupos.

Reparto dos grupos na 1ª RFEF

Ainda que este tema non se tratou, a RFEF parece ter sobre a mesa dous deseños da vindeira 1ª RFEF. Un deles sería igual ao de esta pasada tempada, división Este-Oeste, e o outro sería partir o pais en dous paralelamente, Norte-Sur. Ata o de agora e ata a xuntanza cos 40 clubes da categoría, que serán os que voten a mellor opción, non hai nada decidido.

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies