A RFEF PARTE NORTE-SUR OS GRUPOS DA 1ª FEDERACIÓN COMO PEDÍAN A MAIORÍA DOS CLUBES.

 

Por unha vez fíxose algo con cordura e a RFEF otorgou a razón a maioría dos 40 equipos que conforman a 1ª Federación 2023/24. Os clubes na sua maioría pedían unha partición Norte-Sur dos grupo, xa que por exemplo, clubes andaluces hai 9, máis Ceuta e Melilla, que terían que facer máis de mil kms para xogar contra os galegos e leoneses, e da mesma maneira os galegos en 11 xornadas de liga, e sempre tendo en conta que aquí os desprazamentos son en bus. Desta maneira os galegos os máis lonxe que teñen son os cataláns, e viceversa, con en torno aos 800 lms, e son menos os desprazamentos. Tamén se daba que de coa repartición que quería a Federación Española, co mesmo sistema do ano pasado, 3 dos equipos que acaban de descender da 2ª División e que teñen un potencial económico máis forte ca axuda de descenso, ían a un mesmo grupo.

 

 

 

-Foto : RFEF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies