A RFEF IMPÓN QUE OS EQUIPOS DA 2ª B QUE POR CONTAXIADOS NON XUNTE XOGADORES PARA XOGAR UN ENCONTRO DARÁSELLE POR PERDIDO.

 

Debido aos numerosos encontros suspendidos por COVID-19 que van nunha 2ª B con 102 equipos e que dado o apretado da competición as datas de que se xoguen é moi limitada a RFEF ven de anunciar que : “Todos os equipos que a partir da próxima xornada do 14 e 15 de novembro, calquera equipo que non presente o número mínimo de xogadores con resultado negativo dos test obrigatorios non poderá disputar o partido, debendo ser suspendido polo árbitro do encontro e facéndoo constar na acta. A suspensión do partido por parte do árbitro polo feito de non pasar os test obrigatorios os/ as xogadores/ as dun equipo ou non pasalos no número mínimo de xogadores/ as que deben disputar o mesmo, implica a perda do partido. Se fosen ambos os equipos dáse por perdido a ambos”.

A RFE tamén aconsella as viaxes individualizadas dos xogadores nos desprazamentos e que se tivesen que ser colectivas, que se fagan sempre con mascarillas e gardando as distanzas de seguridade. Ademáis deberanse facer PCR aos xogadores antre 72 e 48 horas antes de cada partido. Serán os delegados de cada equipo, mediante declaración verbal xurada, que o árbitro debe recoller en acta, os que afirmen que os xogadores pasaron os test PCR e son negativos.

-Foto e Texto : piratasdemuxia