A RFEF E A LIGA ANUNCIAN QUE AS DUAS DERRADEIRAS XORNADAS DE LIGA EN 1ª E 2ª SERÁN EN HORARIO UNIFICADO.

 

A RFEF e a liga comunican que os partidos do campionato de Primeira división correspondentes ás xornadas 37 e 38 celebraranse en horario unificado a condición de que os seus resultados afecten ou poidan afectar o desenlace do título, ao acceso aos postos de clasificación para a competicións europeas e á permanencia ou descenso de categoría.

Do mesmo xeito, levará a cabo o mesmo procedemento nos partidos de Segunda división correspondentes ás xornadas 41 e 42 para aqueles encontros nos que estea ou poida estar en xogo o ascenso directo, o acceso ao Play off e a permanencia na categoría.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/RFEF

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies