A RFEF APRAZA O ENCONTRO DO DEPOR, O TALAVERA PIDE A PRAZA NA 1ª FEDERACIÓN…DE MAL EN PEOR NADA MÁIS COMEZAR.

O Depor derrotou o ano pasado o DUX por 3-0.

 

Que o DUX non se ía a presentar, era algo que o vía todo mundo…menos a RFEF. Para sair do paso e en vez do que dicta o regulamento, e decretar incomparecenza e darlle os 3 puntos ao Depor e o encontro o equipo madrileño perdido por 3-0, sacouse da manga o ente federatico un aprazamento histórico, pois é a primeira vez que se apraza un encontro por incomparecenza, sen se por causas maior.

Cal é o plan da RFEF?

Que o DUX tampouco se vai presentar na segunda xornada, é o máis factible, pois nestes intres non ten nen xogadores coma para competir. Deste xeito sería descendido a 2ª RFEF, non así se renunciase, pois tería que comezar en rexional.

O Talavera CF fixo hoxe un comunicado no que solicita a praza do DUX Internacional, polo tanto xa se deixa ver a manobra da Federación Española de Fútbol. Se para semana tamén se apraza o encontro que deberían xogar os madrileños, de seguro que entrará o Talavera, e logo terá que xogar eses dous encontros aprazados. Pero hai outra, se esto pasara, que non nos extrañaría vendo a mafia que é o fútbol español, os encontros están aprazados contra o DUX…

A ver que nos depara este rocambolesco episodio, (un máis), deste fútbol de pandeiretas.

-Foto e Texto : piratasdemuxia