A RFEF ANUNCIA AS DATAS E HORARIOS PARA AS XORNADAS 17ª, 18ª E 19ª DA 1ª RFEF.

Contra a Cultural y Deportiva Leonesa o 18 de Nadal.

 

A RFEF fixo públicos esta tarde os horarios da 17ª, 18ª e 19ª xornadas, o tres últimas da primeira volta, da Primera RFEF Footters que se disputarán entre finais de decembro e de xaneiro.

Na 17ª xornada, o Dépor visitará un dos choques esperados pola afección, o que nos enfrontará a Cultural y Deportiva Leonesa. O encontro terá lugar o sábado 18 de decembro ás 19:00 h., retransmitido por Footters desde o Estadio Reino de León.

O Dépor abrirá o ano 2022 en Riazor, nunha 18ª xornada en horario dominical matinal (o 9 de xaneiro ás 12:00 h.) ante o CF Talavera de la Reina, tamén coas cámaras de Footters como testemuña.

O conxunto branquiazul visitará na 19ª xornada ao DUX Internacional de Madrid no peche da primeira volta, nun encontro que se disputará no Estadio Municipal de Villaviciosa de Odón tamén un domingo ao mediodía, nesta ocasión o 23 de xaneiro.

-Foto e Texto : RC Deportivo