Antonio Hidalgo este ano en Riazor.
No 1705, cando o rei Felipe V, alcumado “O Animoso” conduciu ao seu exército contra o archiduque Carlos de Austria, que defendía o castelo de Montjuic, en Barcelona. Os soldados quixeron poñer a salvo ao monarca alegando que eran miles, pero soberano só había un, i él contestou que “se o rei morre, outro haberá, que a rei morto, rei posto”.
Onte o RC Deportivo anunciaba que Óscar Gilsánz non continuaría no banco deporticvista e que se lle ofrecera un cargo interino no clube no apartado da coordinación da escola de adestradores e de proxectos externos, “un cargo deseñado para reforzar o desenvolvemento estratéxico de #ANOSACANTEIRA e aliñado coa súa traxectoria, compromiso e visión compartida de formación”, segundo explicaba o clube.
Hoxe a primeiras horas xa era anunciado o que será o que leve o noso barco a vindeira tempada, un adestrador que xa era un segredo a voces e do que xa se falaba nalgúns medios desestabilizadores, antes de saberse si seguía ou non Gilsanz, (con falta de respecto totale presión mediatica). Este é Antonio Hidalgo que tras unha boa tempada no Huesca, tras non haber feito nada do outro mundo anteriormente, e que non quixo renovar co clube aragonés, o que da as claras que xa había conversas feitas xa que se deu ao instante o de : “A rei morto, rei posto”.
Así nos presenta o noso clube o novo adestrador que será presentado mañán mércores :
“Antonio Hidalgo Morilla (8 de febreiro de 1979, Granollers, Barcelona) é o adestrador do primeiro equipo masculino do RC Deportivo para a próxima temporada, con opción de ampliación por unha campaña máis.
O técnico catalán incorpórase ao Club con plena convicción no proxecto deportivo, ilusionado por formar parte dunha etapa ambiciosa e compartida de crecemento.
Hidalgo destaca pola súa capacidade para construír equipos sólidos e ordenados. Na temporada 2023-24, o seu traballo á fronte da SD Huesca converteu ao equipo no menos goleado da categoría e o máis eficaz en accións a balón parado.
Técnico adaptable e meticuloso, soubo aplicar diferentes sistemas en función do perfil do seu cadro, combinando orde táctica con solucións ofensivas efectivas.
O seu liderado é esixente, claro e próximo, cunha atención especial ao plano psicolóxico do xogador. Defende a fortaleza mental como factor decisivo no alto rendemento e traballa activamente en motivar ao futbolista desde a confianza e o compromiso.
O novo técnico deportivista destaca tamén por optimizar o rendemento dos cadros, como deixou patente na súa etapa na SD Huesca. Sen ir máis lonxe, esta última temporada asinou unha xeira de 14 partidos consecutivos sen coñecer a derrota co club oscense.
O RC Deportivo dá a benvida a Antonio Hidalgo, convencido de que a súa experiencia, personalidade e visión reforzarán con forza o rumbo deportivo do Club.
Antonio Hidalgo comparecerá este mércores, ás 11:00 horas, ante os medios de comunicación na sala de prensa do estadio ABANCA-RIAZOR”.
-Foto : Captura de vídeo
Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo