A RECOLLIDA DO 5 CORUÑA FUTBOL SALA EN FAVOR DO BANCO DE ALIMENTOS “RÍAS ALTAS” TODO UN EXITO

 

Os xogadores do 5 Coruña recolleron alimentos para os desfavorecidos.

 

O equipo senior debutou na tarde de onte en competición oficial despois de 8 meses sen competir. E para a súa estrea na 3ª División Nacional de Fútbol sala, quixeron aproveitar o partido para colaborar coa entidade do Banco de Alimentos Rías Altas.

Durante a semana o equipo fíxose eco de diferentes noticias que indicaban a necesidade de alimentos que demandaba esta entidade, e co fin de achegar unha pequena axuda o club herculino púxose ao choio para organizar a recollida.

A pesar das limitacións derivadas da pouca presenza de público, derivadas polas actuais restricións, rexistrouse unha gran colaboración derivada das doazóns realizadas ademais de por os membros do 5 Coruña Futbol Sala, tamén do equipo visitante Sport Sala Culleredo, o colectivo arbitral, público asistente, e ademais numerosos veciños de Novo Mesoiro achegáronse ata as inmediacións da instalación para depositar alimentos.

Durante os próximos partidos que dispute como local, o equipo rojillo tentará colaborar en diferentes causas, con outras entidades, e deste xeito achegar unha pequena axuda nos momentos tan difíciles que viven moitas familias.

-Foto e Texto : Academia Red Blue 5 Coruña