A REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL PROPÓN AO AROSA SC E AO BERGANTIÑOS FC COMO CANDIDATOS Á ASEMBLEA XERAL DA REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL

O Bergantiños CF é un dos propostos pola RFGF.

 

A proposta foi trasladada polo presidente da RFGF, Rafael Louzán, a todos os equipos galegos con dereito a voto.

O futbolista Sergio Santos é a persoa elixida para representar aos xogadores galegos nesta Asemblea Xeral da RFEF.

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, en nome da Xunta Directiva, trasladoulle a todos os clubs galegos de fútbol con dereito a voto (31 en total) unha proposta para presentar unha candidatura á Asamblea Xeral da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Este mércores día 24 remata o prazo para a presentación de candidaturas e desde a RFGF presentouse en tempo e forma unha candidatura formada polo Arosa SC e o Bergantiños FC no estamento de clubs non profesionais, así como ao xogador Sergio Santos polo estamento de futbolistas non profesionais. Dous clubs e un futbolista son os representantes do fútbol non profesional galego que teñen praza no máximo órgano da RFEF.

O presidente da RFGF, Rafael Louzán, explicou que a Xunta Directiva acordou trasladarlle aos clubs a conveniencia de presentar unha candidatura unificada debido a que “previsiblemente só haberá un candidato á presidencia da RFEF” e tamén “porque esta situación de excepcionalidade que estamos a vivir provoca un proceso electoral moito máis curto e acelerado nos prazos”.

A proposta presentada aos clubs polo presidente da RFGF inclúe a dúas entidades históricas que, ademais, destacan por contar cunha ampla estrutura no fútbol base. A mesma conta co respaldo dunha ampla maioría dos 31 clubs, pero non impide que poida haber algunha outra candidatura de clubs galegos.

O Bergantiños xa formou parte da anterior Asemblea pero non puido completar ningún ciclo completo de catro, de aí que volva repetir como candidato.

Louzán indica que a inclusión do Arosa SC na candidatura “débese principalmente a ter un recoñecemento cun club que está celebrando o seu 75 aniversario (foi fundado en 1945) e a un presidente, Manolo Abalo, que tivo que superar moitos obstáculos na xestión dunha entidade á que salvou prácticamente da desaparición e agora é un club que volve loitar por un ascenso a Segunda B”.

O presidente da RFGF tamén destaca o traballo que Manolo Abalo vén realizando desde que asumira a presidencia do club vilagarcián, facendo fronte cada ano a dificultades de todo tipo “pero el nunca se rendeu e agora creo que é de xustiza ter este recoñecemento con todo ese esforzo e sacrificio”.

Cómpre lembrar que a Asemblea da RFEF está composta por 140 membros e as eleccións están previstas para o próximo 20 de xullo. Logo serán estes asambleístas os que elixan ao presidente.

 

-Foto :  Bergantiños CF

-Texto : Comunicación RFGF

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies