A REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL PON EN MARCHA O CAMIÑO Á 2ªB COA PRESENTACIÓN OFICIAL DA FASE DE ASCENSO EN VIGO.

Deportividade antre os adestradores.

No acto participaron os presidentes, adestradores e capitáns dos catro equipos
participantes: SD Compostela, Ourense CF, Arosa SC e CD Barco

O vicepresidente do RC Celta, Ricardo Barros, regalou unha camiseta conmemorativa
do equipo vigués aos catro clubs

Queda activada oficialmente a conta atrás. Unha fase de ascenso exprés única nun escenario
único e con catro protagonistas de auténtico luxo.

O estadio Abanca Balaídos albergou este mércores o pistoletazo de saída do camiño a 2ªB, unha
aventura que levará a un equipo galego cara á categoría de bronce do fútbol español. SD
Compostela, Ourense CF, Arosa SC e CD Barco xa velan armas para a gran cita e a cidade olívica
xa se prepara para acoller a gran festa do noso fútbol, unha fase que conta co patrocinio de
Recalvi, Celtamotor, Viajes Interrías e Ence.

O escenario do playoff de ascenso exprés do Grupo 1 da Terceira División recibiu este mércores
aos grandes protagonistas deste evento único. O Abanca Balaídos foi testemuño da
presentación oficial da fase de ascenso, un acto no que estiveron presentes o presidente e o
vicepresidente da RFGF, Rafael Louzán e Fernando Iglesias, respectivamente; o vicepresidente
do RC Celta Ricardo Barros; os máximos mandatarios dos catro clubs participantes- Antonio
Quinteiro pola SD Compostela, Camilo Díaz polo Ourense CF, Manolo Abalo polo Arosa SC e Nilo
Ramos polo CD Barco-; os catro adestradores dos equipos que se xogarán o ascenso- Yago
Iglesias pola SD Compostela, Fran Justo polo Ourense CF, Rafa Sáez polo Arosa SC e Manolo
Pérez polo CD Barco-; e os catro capitáns- Álvaro Casas pola SD Compostela, Germán polo
Ourense CF, Julio Rey polo Arosa SC e Rubén García polo CD Barco-.

O bo ambiente entre os protagonistas da gran cita foi a nota predominante durante este
primeiro encontró no escenario do playoff, un Abanca Balaídos que marcará o camiño cara á
Segunda División B.

Rafael Louzán, presidente da RFGF, foi o encargado de dar a benvida a todos os representantes
dos clubs e agradeceu, en primeiro lugar, tanto ao RC Celta como ao Concello de Vigo pola súa
predisposición desde o primeiro momento para ceder o estadio á Federación para a disputa
desta fase de ascenso exprés (a de Galicia será a única que se xogue nun estadio de Primeira
División). Louzán remarcou que Balaídos “é o único estadio de Primeira División elixido para este
playoff en toda España” e que foi solicitado pola RFGF como premio e recoñecemento aos catro
clubs clasificados para esta gran cita.

Louzán desexou sorte aos participantes e lamentou que non se poida celebrar con público nas
bancadas, como era o seu desexo, “pero nesta situación tan excepcional a prioridade é a saúde”,
se ben deixou a porta aberta a que a vindeira semana se poida explorar a posibilidade de que
poida haber público na final do sábado 25.

O presidente remarcou tamén que a RFGF está poñendo todo o seu empeño que a organización
estea á altura que merece esta competición e tamén para que se cumplan todos os protocolos
sanitarios. Un traballo organizativo que se está a facer da man do RC Celta, club que se prestou
a colaborar desde un principio. Precisamente desexou Louzán que o equipo que dirixe Óscar
García acade este xoves a permanencia matemática na Primeira División.

Os presidentes, moi ilusionados
O máximos mandatarios da SD Compostela, Ourense CF, Arosa SC e CB Barco
mostraron a súa satisfacción por poder disputar este playoff exprés nun escenario único
como é o estadio Abanca Balaídos. Os presidentes das catro entidades agradeceron ao
RC Celta, ao Concello de Vigo e á RFGF por remar todos xuntos nunha mesma dirección
para que esta festa do fútbol galego póidase celebrar en Vigo e, ao mesmo tempo,
admitiron estar “nerviosos” nas horas previa á gran cita.

Un obsequio moi especial
O vicepresidente primeiro do RC Celta, Ricardo Barros, deixou constancia deste momento
histórico obsequiando aos catro clubs cunha camiseta do RC Celta co nome de cada un deles.
Barros sinalou que o RC Celta está “encantado de poder colaborar co fútbol galego” e desexoulle
sorte aos catro participantes.

Xantar de confraternidade
Logo do acto de presentación, os asistentes desprazáronse ao restaurante do Museo do Mar
para compartir mesa e mantel e ultimar os detalles organizativos que estaban pendentes,
especialmente vencellados aos protocolos sanitarios que se aplican no desenvolvemente da fase
de ascenso.

 

-Foto e Texto : Comunicación RFGF

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.