A REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL PON EN MARCHA A CAMPAÑA SOLIDARIA “NESTE PARTIDO GAÑAMOS TODOS” QUE CONTA CON LUCAS VÁZQUEZ E VANESSA SOTELO COMO PADRIÑOS

A campaña conta coa colaboración de Gadis, de todos os estamentos federativos e espera contar coa
masiva participación de todo o fútbol galego na recollida de alimentos para os máis necesitados

Todos os que queiran participar poden doar alimentos a través das delegacións federativas (A Coruña,
Ferrol, Lugo, A Costa, Santiago, Pontevedra, Ourense e Vigo) e todo o recibido será entregado a
diferentes entidades e asociacións repartidas por toda Galicia

O Comité de Adestradores organiza un Boxing Day Solidario telemático de fútbol o día 28 con
conferencias de Monchi e Quique Setién e outro de fútbol sala o día 29 con Paulo Roberto e Ferrao. A
máxima cifra de visitas en cada xornada convertirase en quilos de alimentos

A xornada de liga do 19 e 20 de decembro será do “Gol Solidario”. Todos os goles marcados polos
equipos galegos de fútbol e fútbol sala convertiranse en balóns que se regalarán a nenos e nenas en
situación de exclusión social

A Xunta Directiva da Real Federación Galega de Fútbol aprobou na súa reunión deste luns a posta en marcha
da Campaña Solidaria “Este Nadal xogamos por todos”. Unha campaña na que a Federación pretende crear
un tsunami solidario con todo o fútbol galego para recoller o maior número posible de quilos de alimentos
que serán entregados a diferentes entidades e asociacións repartidas por toda Galicia para que estas lle fagan
chegar eses productos de primeira necesidad aos máis necesitados. A campaña tamén vai destinada aos
nenos e nenas en situación de dificultades que por desgracia non poden desfrutar de recibir xoguetes en esas
datas tan especiais. Nenos e nenas que gracias a esta campaña van a poder recibir un xoguete universal, un
balón de fútbol.

A RFGF é moi consciente da realidade que estamos a vivir por culpa dunha pandemia que nos trouxo unha
crise sanitaria descoñecida pero tamén unha enorme crise económica. E por iso, apelando á solidaridade que
sempre amosou o deporte e en particular o fútbol galego, facemos un chamamento para que todos e todas
poñamos algo da nosa parte e poidamos axudar a que esas persoas que máis o necesitan poidan superar un
pouquiño mellor esta delicada situación. O fútbol autonómico está parado en Galicia desde o mes de marzo,
pero non a súa sensibilidade. De feito, seguro que agora está máis activa que nunca.
Padriños de luxo

A solidaridade do fútbol galego queda perfectamente reflexada nas dúas caras máis visibles da campaña, as
do xogador do Real Madrid Lucas Vázquez e a da xogadora internacional do Alcorcón de fútbol sala Vanessa
Sotelo. O de Curtis e a de Ourense non o dubidaron nen un segundo. Desde o primeiro momento puxéronse
a disposición da RFGF encantados e moi ilusionados de participar en esta iniciativa solidaria.
Lucas e Vanessa animan a todo o fútbol galego a participar e a colaborar na campaña co obxectivo de
conseguir o maior número posible de quilos de alimentos. Se cada un dos que formamos esta gran familia
(na tempada 19-20 fomos case 100.000 federados) aportamos un quilo de alimentos poderemos acadar unha
cantidade extraordinaria que sería de gran axuda para esas entidades sociais que participan na iniciativa:

• Cociña Económica de Santiago, A Coruña e Ferrol
• Cáritas Ourense
• Comedor Social San Froilán de Lugo
• Comedor San Francisco de Pontevedra
• La Sal de la Tierra en Vigo
• Banco de Alimentos en Santiago

Unha campaña con tres eixos e con Gadis como colaborador

A campaña consta de tres grandes accións:
A. Recollida solidaria de alimentos
B. Gol Solidario
C. Boxing Day Solidario

E para que a campaña teña un maior alcance conseguimos sumar a Gadis, un grande da alimentación galega
que sempre aposta polo noso e que nos garante 1.500 quilos de alimentos a maiores do que directamente
poida reunir o fútbol galego.

Desde a RFGF queremos dar as grazas a Gadis por estar sempre disposto a colaborar, e especialmente en
esta campaña na que a súa aportación resulta realmente importante.

A. Recollida solidaria de alimentos

A RFGF invita a todos os que formamos parte da gran familia do fútbol galego: club, árbitros,
adestradores, xogadores e incluso afeccionados a participar dunha gran recollida de alimentos que
se donarán a diferentes entidades e asociacións que coa súa extraordinaria labor dan de comer a
miles de persoas que por desgracia non teñen cuberta esa necesidade esencial.

Todos aqueles que estean interesados en formar parte desta campaña poden levar os alimentos
perecedeiros que consideren a calquera das sedes federativas, situadas na Coruña, Ferrol, Lugo,
Santiago, Baio (A Costa), Ourense, Pontevedra e Vigo. Tamén poñemos a disposición da campaña o
tfn. 981 900 600 para aclarar calquer dúbida.

O obxectivo é conseguir o maior número de quilos posible dando mostras, unha vez máis, da enorme
solidaridade do noso fútbol.

B. Gol Solidario, “Ningún neno sen balón”

Non hai nada máis representatido do noso deporte que o gol e a felicidade que cada gol trae consigo.
Somos conscientes das dificultades económicas que esta pandemia está traendo á sociedade en xeral,
e a algunhas familias en particular. Por iso, a Xunta Directiva decidiu aprobar tamén a posta en
marcha dunha xornada solidaria consistente en facer un pouco felices a eses nenos e nenas que non
teñen a oportunidad de recibir os xoguetes que desexan. E como non hai xoguete máis universal que
un balón de fútbol, a RFGF decidiu decretar a xornada de liga do 19 e 20 de decembro como a xornada
do “Gol Solidario”. Cada gol que marque un equipo galego en esa xornada convertirase nun balón de
fútbol oficial da RFGF e todos eles serán entregados a nenos e nenas de familias en situación de
dificultades económicas.

C. Boxing Day Solidario

Logo do éxito do ano pasado, o Comité Galego de Adestradores decidiu repetir este Nadal cunha
iniciativa formativa que este ano adquire tamén unha dimensión social. O Boxing Day consiste nunha
xornada de formación para os adestradores que este ano vai a levarse a cabo de maneira online.

Unha iniciativa que se divide en dúas xornadas:
▪ Xornada de Fútbol con Monchi (director deportivo do Sevilla FC) e Quique Setién
(exadestrador do FC Barcelona).
▪ Xornada de Fútbol Sala co ex xogador Paulo Roberto e o actual xogador do FC Barcelona
Ferrao.

Catro auténticas referencias do fútbol e do fútbol con moito interesante que contar.
A dimensión solidaria consiste en converter os picos máis altos de seguidores, de cada xornada, en
quilos de alimentos perecedeiros, os cales serán entregados ao Banco de Alimentos e á Cociña
Económica de Santiago de Compostela. Por iso solicitamos o maior seguimento posible para que a
cifra sexa moi alta.

En definitiva, a RFGF quere liderar un gran movemento social de todo o fútbol galego nun momento no que
a solidaridade e a xenerosidade son valores a fortalecer. Son moitos os que necesitan da xenerosidade dos
demáis para facer fronte aos difíciles momentos que o coronavirus nos está facendo pasar.

-Foto e Texto : RFGF


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies