A REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL ENTREGARÁ ESTE SÁBADO DURANTE O SORTEO DA COPA DA COSTA EN MUROS OS PREMIOS “PAIXÓN POLO FÚTBOL DA COSTA”

Venancio Paris e o fútbol da costa toda a vida da man.

 

A entidade que preside Rafael Louzán quere enxalzar e recoñecer públicamente este sábado a unha serie de persoas que fixeron e seguen facendo grande ao deporte rei na Costa

A entrega destes recoñecementos terá lugar este sábado durante o sorteo da 57ª Copa da Costa Masculina e II Copa da Costa Feminina que arrincará ás 12 horas no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón, en Muros

Muros, 28 de febreiro de 2020

A conta atrás para o sorteo da 57ª edición da Copa da Costa Masculina e da II Feminina chega ao seu fin. Realizarase este sábado en Muros, concretamente no Muíño das Mareas do Pozo do Cachón, a partir das 12.00 horas do mediodía.

Será un acto moi especial, posto que durante o mesmo a RFGF enxalzará e recoñecerá publicamente a unha serie de persoas que fixeron e seguen facendo grande ao fútbol na zona, esa xente que a día de hoxe segue moi vencellada co deporte rei na Costa.

A entidade que preside Rafael Louzán distinguirá neste 2020 nos premios “Paixón polo fútbol da Costa” a José Antonio Sarmiento Lamela, a Venancio Paris Paris, a Patricia Estévez Pérez, a María Francisca García Romero “Pacucha” e a Jorge Parri.

A RFGF premiará a José Antonio Sarmiento Lamela para recoñecer a súa traxectoria dedicada ao fútbol da Costa. Foi subcampión da Copa da Costa coa Esteirana e cinco veces consecutivas máximo goleador da liga cando militaba no Muros. Agora, xa como adestrador, transmite os seus coñecementos aos nenos das categorías base da Escola Deportiva Os Miúdos.

A Venancio Paris Paris, en recoñecemento a unha traxectoria dedicada ao fútbol da Costa, sendo xogador do Muros durante toda a súa carreira deportiva, club no que tamén foi directivo e na actualidade segue vencellado ao fútbol formando parte da directiva da Escola Deportiva Os Miúdos.

A Patricia Estévez Pérez, en recoñecemento a unha traxectoria dedicada ao fútbol da Costa, sendo a capitana do equipo feminino da ED Os Miúdos (As Miúdas) desde a súa fundación. Continúa en activo como xogadora e xa se estreou tamén como adestradora dirixindo ás categorías base do club.

A María Francisca García Romero “Pacucha”, en recoñecemento a unha traxectoria dedicada ao fútbol da Costa, sendo unha das pioneiras do fútbol feminino en Muros e na comarca. Formou parte do primeiro equipo feminino do Concello de Muros na tempada 69-70 e segue vencellada ao fútbol como incansable colaboradora da SD Esteirana.

E a Jorge Parri, en recoñecemento á súa extraordinaria labor de promoción e difusión do fútbol da Costa a través da súa tarefa informativa e divulgativa, deixando para o recordo miles de imaxes que forman parte da historia do noso fútbol.

Gala de presentación da “LVII Copa da Costa Masculina” e da “II Copa da Costa Feminina” :

PREME AQUÍ.

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto : César Méndez/RFGF

 

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies