A REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL AVOGA POR DISPUTAR A TOTALIDADE DAS XORNADAS DAS DISTINTAS COMPETICIÓNS, PREFERIBLEMENTE ANTES DO 30 DE XUÑO OU INCLUSO AO LONGO DO VERÁN, DE ACORDO COA FEDERACIÓN ESPAÑOLA

 

En materia de saúde a consigna é seguir escrupulosamente as indicacións das autoridades e
colaborar en todo o posible na prevención e nos esforzos por frenar a propagación do
Coronavirus.

No apartado económico a RFEF garantiza ao presidente da RFGF que todas as axudas
comprometidas para esta tempada 19-20 chegarán aos clubs.

Dependendo da data de finalización da actual tempada podería verse adaptado o modelo
competicional da campaña 20-21.

Logo da reunión por videoconferencia do presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales,
con todos os presidentes das federacións territoriais, a Real Federación Galega de Fútbol respalda os acordos
adoptados de maneira unánime, respaldo manifestado polo presidente Rafael Louzán no transcurso da
reunión, a cal se celebrou con posterioridade á celebrada por UEFA coa Federación Española.

Esos acordos afectan a tres aspectos principais que por orden de importancia son os seguintes:
1 : Saúde
2 : Economía
3 : Competición

Acordos que, ademais, quedan reflexados nunha circular que publica hoxe a RFEF.

1. Louzán coincide co presidente da Federación Española en que a prioridade agora mesmo é a saúde
de todos os cidadáns e traballar da man das distintas autoridades colaborando na prevención, na
concienciación e no freno da propagación do virus Covid-19. Todos os presidentes descartan realizar
medidas propias á marxe da labor que están realizando os servizos sanitarios en todo o estado
español.

2. No tocante á economía quedou claro que todas as axudas comprometidas pola RFEF e a RFGF aos
clubs e ás federacións territoriais para esta tempada están aseguradas, si ben podería haber retrasos
nos pagos si a crise sanitaria se extende moito no tempo. Os programas Impulso 23, Cantera ou
Universo Mujer teñen aseguradas as contías económicas, polo que os clubs recibirán a integridade
do comprometido para este tempada.

3. E no referente á competición, si ben agora mesmo non é a prioridade, sí é certo que as federacións
están traballando para dar seguridade aos clubs e deportistas.

A Real Federación Galega de Fútbol, ao igual que as demáis federacións, avoga por rematar a
competición desta tempada. Si a situación permite facelo antes do 30 de xuño sería o escenario ideal,
pero si esa situación é imposible, a RFGF ten claro que a competición debe disputarse na súa
totalidade aínda que teña que ser máis aló do 30 de xuño, polo que habería que prorrogar a
tempada competitiva, as licencias, e a cobertura de accidente deportivo (Mutualidade) por causas
de forza maior. Evidentemente todo vai a depender da evolución da crise sanitaria na que estamos
inmersos.

A prolongación da competición 19-20 debería en todo caso ser aprobada pola Secretaría Xeral para
o Deporte e pola Asemblea da RFGF. Ademais, esa posibilidade tamén podería afectar á seguinte
tempada, a cal podería ver adaptado o seu sistema competicional en función da data na que se poida
rematar a presente campaña.

O que ten claro a RFGF, en consonancia coas federacións española e as demais territoriais, é que
“temos que manter a competición limpa e íntegra para iso é necesario que sexa unha competición
en condicións de igualdade. Por elo, non podemos cambiar as regras de xogo a metade de tempada,
a pesar da excepcionalidade que estamos a vivir”, sinala Louzán.

Todas as outras opcións: (cancelación das ligas, validar as clasificacións da primeira volta ou validar
as clasificacións a día de suspensión debido á crise sanitaria) vulneran a limpeza da competición e o
criterio de igualdade da mesma.

 

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto : RFGF

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.