A PRIMEIRA XORNADA DO ANO NO FÚTBOL DA COSTA É TODA UNHA INCÓGNITA.

 

Sodes moitos os que nos preguntades que encontros se aprazan esta fin de semana, pero é a pregunta do millón, debido en que sabemos que hai equipos con numerosos xogadores pasando o COVID-19, tamén hai que ter en conta que o confinamento dos enfermos é de tan só unha semana, polo que os afectados polas xuntanzas de Nadal e fin de ano, ou xa sairon ou sairán nestes días.

Por poñer un exemplo de como está a situación ca avalancha de afectados pola pandemia, a xuíza de competición da 3ª RFEF en Galicia, Tamara Barreiro, tomou a decisión de suspender tódolos encontros da liga ao coñecer a confirmación de numerosos casos de COVID-19 en varios dos equipos.

Incribles as verbas da Federación Galega , segundo unha información de La Voz de Galicia, remarcan o feito de que : “non se aprazou a xornada, senón todos os partidos que a integraban”.

De todos modos e ca esperanza de que haxa a maior normalidade posible, dende mañán iremos colgando tódalas previas.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia