Por fin e cáseque sobre a bocina, hai unha plataforma que trasmitirá os encontros da Primeira Federación, (como se chama este ano). Dende a Real Federación Española de Fúbol veñen de anunciar que a canle internacional InStat TV será a que dará os encontros de ambos grupos. Serán por toda a tempada 59´90 euros, (9´90 máis ca anterior campaña por Footters), e coas duas primeiras xornadas en aberto.
Así o comunica a RFEF :
A Primeira Federación experimenta un gran salto de calidade na súa segunda tempada grazas ao acordo entre a RFEF e InStat TV polo que esta prestixiosa plataforma internacional de retransmisións deportivas encargarase de ofrecer todos os encontros da categoría ata a tempada 2024-25.
Unha feliz alianza que chega, ademais, con premio engadido para todos os afeccionados xa que cun simple rexistro na plataforma poderán gozar das dúas primeiras xornadas da competición de maneira completamente gratuíta.
A partir dese momento, e sen compromiso algún de permanencia, o abono total da tempada co playoff polo ascenso incluído ofertarase a un prezo reducido de 59,90 euros, con posibilidade de optar por unha cota mensual de só 10 euros.
A Primeira Federación contará cunha páxina propia dentro da plataforma, dispoñible nos principais idiomas e cos múltiples servizos engadidos dentro de InStat TV, que inclúe a retransmisión de decenas de torneos en diferentes deportes de todo o mundo.
Os nove partidos previstos para este sábado 27 de agosto serán os primeiros que os seguidores desta apaixonante categoría poderán seguir en directo como inicio a unha tempada repleta de calidade, goles e emoción que todos viviremos con plena accesibilidade ata o próximo mes de xuño.
-Foto : RFEF
-Vídeo : InStat
-Texto : piratasdemuxia/RFEF