A PREVIA : UP DE LANGREO-DEPOR : “GAÑAR É O ÚNICO OBXETIVO”.

 

“Gañar é o único obxetivo”

Nunha competición tan pequena non cabe outra que gañar, ese é o obxetivo en tódolos encontros, tal e como apuntaba na rolda de prensa Rubén de la Barrera. Hoxe toca un equipo dos que van o choque e nun campo de céspede artificial ao que os rapaces coma Diego Villares, Rayco, Valin ou Raí, están acostumados por haber xogado máis dunha vez nas derradeiras tempadas ao xogar nos filiais.

Volve o Depor a Langreo 40 anos despois, quen o diría, pero como saben os máis vellos siareiros deportivistas, xa xogamos con estes equipos fai anos e quen diría que chegaríamos a xogar finais de copas, supercopas, gañar ligas e xogar competicións europeas, pero para que esto se repita hai que facer unha boa base e todo comeza por gañar encontros coma o de hoxe para asegurar unha praza na vindeira 1ª Federación e comezar o crecemento.

Hoxe De la Barrera non poderá contar co canteirán Borja Galán que sufreu unha lesión esta semana nos adestramentos. Polo resto só Derik está fora do equipo pola sua lesión de gravidade. 

 

O ENCONTRO

UP de Langreo-Depor

Hora : 17:00/15:00 GMT

Campo : Estadio Nuevo Ganzábal

Árbitro : Alberto Fuente Martín, (Colexio Cántabro)

Tv : TVG2

Internet : www.crtvg.es

 

O ÁRBITRO

Fuente Martín, no centro da imaxe.

 

Alberto Fuente Martín, é o colexiado que dirixirá o encontro de Riazor. Nado en Castro Urdiales fai 44 anos, suma con esta a sua novena tempada na categoría de bronce, con 109 encontros dirixidos, dos que nesta dirixeu 7 encontros nos que amosou 33 cartóns amarelos, e 2 vermello, cunha media de 4,71 cartóns amarelos por encontro e 0,29 vermellos. Colexiado con veteranía que baixou a sua cantidade de cartóns por encontro nas derradeiras tempadas, situandose en torno a 4% por choque. Nos seus comezos na categoría subía de 6 por encontro.

 

A LISTA DE CONVOCADOS

Rubén de la Barrera convocou a tódolos dispoñibles.

Causan baixa Borja Galán que sufreu unha lesión o xoves nos adestramentos e Derik. Volve Uche, tras cumplir un encontro por acumulación de amoestacións. 

 

AS MANIFESTACIÓNS

-Rubén de la Barrera :PREME AQUÍ.

-Diego Villares : PREME AQUÍ

 

-Fotos : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Foto árbitro : www.contrameta.com