Unha prematura desilusión nun sector da afección, ante o mal intre de xogo neste inicio de competición, fai que sexa necesaria unha vitoria con mellores prestacións que as vistas ata o de agora, polo menos de mdio campo en adiante, xa que en defensa o equipo está a dar un nivel moi alto. Ante o Salamanca no primeiro encontro de liga só permitiron dous tiros antre os 3 paus o dunha falta no pico do área e o gol no rexeite de Carlos Abad nesa mesma falta. Ante o Compostela non permitiron nen un só remate antre os 3 paus, tan só un lateral que atallou o meta deportivista. No aspecto ofensivo sí que houbo lagoas, con poucas ocasións creadas, pero o principal problema está no medio campo onde falta creación e recuperación. Algo que se espera de homes coma Uche Agbo e Celso Borges.
Ante Unionistas un equipo forte e rochoso, que leva feito o mesmo co Depor, (unha vitoria e un empate), o principal “handicap” vai a ser o terreo de xogo o ser céspede artificial, algo o que eles están máis acostumados, e máis se chove. Un tipo de terreo que xa se lles deu bastante mal os deportivistas na pretempada ante o Bergantiñod CF no “As Eiroas”, ainda que o do Reina Sofía, parece similar ao que teñen en Muxía no “Campo da Arliña”, de primeira xeración e que ten outro comportamento o balón.Será pois unha proba no artificial, pero cunha necesidade natural de gañar e de verlle algo máis o equipo.
O ENCONTRO
Unionistas de Salamanca-Depor
Hora : 16:00, (15:00 GMT)
Estadio : “Reina Sofía”
Árbitro : Jesús Delfa Ramos
Tv : Footters
O ÁRBITRO
Jesús Delfa Ramos : “Don tarxetas”
Colexiado nado en Don Benito, (Extremadura), fai 31 anos e que ascendeu a 2ª B a pasada tempada, dirixindo na 10 encontros, amosando a frioleira de 56 cartóns amarelos, (5´6 por encontro) e 5 vermellos, o que di as craras que é un colexiado moi tarxeteiro. Esta tempada dirixeu un choque e amosou 5 cartóns amarelos, polo que segue na mesma liña.
LISTA DE CONVOCADOS
Entra na lista Héctor Hernández, que superou as sua doenzas e cáese o fabrilista Adri Castro que ten que cumprir unha sanción aprazada do ano pasado e que tiña a cautelar, e non poderá xogar tampouco co Fabril. Polo demáis Fernando Vázquez leva aos 18 dispoñbles. Seguen lesionados, Eneko Bóveda e Salva Ruiz, e Diego Rolan segue en Uruguai.
MANIFESTACIÓNS
Nacho González :“Tivemos un partido en pretemporada (o disputado en Carballo ante o Bergantiños FC) e custounos un pouco adaptarnos á velocidade da pelota, ao ‘pique’ do balón. Imos tratar durante a semana de adestrar en céspede artificial para ir vendo o que nos espera a fin de semana”. Está convencido de que “o bo xogo ímolo a ir collendo co paso dos partidos. Aínda que non se viu o noso mellor fútbol, non perdemos e sumamos. É mellor corrixir despois dun empate ou unha vitoria que perdendo. Co paso dos partidos vaise a ir vendo ao mellor Deportivo”.
.
Jorge Valín : “Espero un partido complicado. Están máis afeitos ao campo. Son un equipo bo. Gañaron ao Compostela na 1ª xornada e empataron en Pontevedra na 2ª. Teñen 4 puntos como nós. Eles tamén van querer os 3 puntos e sairán a por todas, presionando arriba mesmo. Estamos preparados para esa intensidade que van propoñer e nós temos que igualala ou superala para gañar o partido”. Ve ao Dépor listo para visitar ao Unionistas aínda que admite que “temos que facernos aos botes, a como roda o balón neste terreo. O equipo está a adaptarse ben”.
.
Fernando Vázquez : “A crítica é necesaria pero non sei se son precipitadas. Só quero trasladar a opinión de que non podemos caer na tentación de pensar que temos o obxectivo conseguido xa, ou nada. Teño a impresión de que temos que ter xa o obxectivo conseguido ao segundo partido. Preocúpame que a xente poida perder a esperanza, a ilusión e a fe nos xogadores. Realmente podería dicir que o equipo vai ser aquelo que a afección queira que sexa. Se ti cres no equipo, o equipo vai dar un nivel superior e ser un equipo máis competitivo e cun fútbol mellor. Se desconfías, ese ‘feeling’ chega ao equipo e é posible que non se poida chegar as cotas para o que eu creo que está preparado. É importante saber que o obxectivo se ten que conseguir cando se ten que conseguir, o que hai que facer agora é que os futbolistas sintan que son bos xogadores, e que van formar un bo equipo. Axudaría ao adestrador, ao equipo, ao club… que esa unidade que me transmitían o ano pasado non se rompa de inicio porque quizá o equipo non estea a xogar como se esperaba que xogase”.
-Foto e Texto : piratasdemuxia
-Foto árbitro : Cadiz CF