A PREVIA : UNIONISTAS DE SALAMANCA CF-DEPOR : “MATINAL NO PLÁSTICO CO LIDERATO EN XOGO”.

 

Repetimos no “Reina Sofía”, un campo no que na pasada liga gañamos por 0-1 cun auténtico golazo de Héctor Hernández, a bote pronto dende uns metros do pico do área, e por toda a escadra. Corría o minuto 1 de xogo, dun choque que foi do peoriño que vimos en moitos anos, (por parte de ambos equipos).

Estaba no banco, o gran, Fernando Vázquez, e o terreo de xogo, de céspede artificial, foi notoriamente partícipe dun enfrontamento no que eles desenvolvíanse ben, pero os nosos erraban nos pases, nos controis, nos un contra un…en todo.

Unha vez máis tocarça lidiar con este tipo de tepe, adaptarse o plástico e o horario matinal, e a un rival no que a pesares de que só quedan 5-6 xogadores do ano pasado, pero que segue a ser un bloque que defende ben, e que lle fai falla moi pouco para puntuar. Agás o encontro no que empataban ca Cultural, 2-2, o resto gañárono por 1-0, e un deles, a excepción, co Extremadura por 3-0.

Desta volta o equipo estará apoiado por uns 600 deportivistas, nun campo que pode albergar, cas reducións, 2.900, polo que seguro que se farán notar. 

 

Se queres saber máis sobre o Unionistas de Salamanca CF mira aquí no noso, Sabías que…? do noso rival.

 

Lista de Convodados

 

 

O Árbitro

Jaime Ruíz Álvarez, colexiado xixonés de 34 anos, experimentado na categoría na suma, con esta, 12 tempadas con esta, cun total de 130 encontros dirixidos. Esta tempada dirixeu 1 no que amosou 6 cartóns amarelos, foi o Vigo B-Badajoz, que rematou con empate a ceros, (0-0).

 

-Foto : montaxe de foto do RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies