A PREVIA : UD LOGROÑÉS-DEPOR : “O LIDERATO EN XOGO”.

 

Encontro moi complicado, feito para retornar a 2ª División con 17 incorporacións chegadas de equipos coma o Tenerife, Las Palmas, Girona, Nástic, e mesmo do Depo, con Borja Galán. Chegan a este encontro cos mesmos puntos e os mesmos números ca nós, con 6 choques gañados, 2 empatados e 2 perdidos, e no que se refire aos goles, 12 a favor, (3 menos cos nosos) e 7 en contra, (dous máis).

Fai falla xa “dar un golpe enriba da mesa”, como xa apuntou esta semana Doncel na sua rolda de prensa, gañar fora un encontro contra un dos favoritos e comezar a apuntalar as prazas de arriba de cara o derradeiro treito final. Vai sendo hora de que non chegue con amagar, hai que pegar.

Nos dous encontros adiantados o sábado o Unionistas empataba co Vigo B, (1-1) no “Reina Sofía”, e o Zamora CF e o CD Badajóz, tamén igualaban en terras zamoranas, (1-1), dous bos resultados para os nosos intereses, o que fai que neste xogo se xogue quen subirá o liderato. 

Se queres saber máis do noso rival o UD Logroñés, pásate polo noso Sabías que…?, do rival da xornada..

Deportivismo

Membros de un total de 22 peñas desprázanse a logroño a presenciar o encontro en direto nas Gaunas e animar aos noso para tentar de traer os 3 puntos. Non trascendeu o número de deportivistas que estarán no campo rioxano.

Lista de Convodados

Tan pronto a publiquen colgarémola aquí.

 

O Árbitro

Muñoz Pérez, un colexiado tarxeteiro.

Iván Muñoz Pérez, é un colexiado nado en Segorbe, (Castellón), de 39 anos de idade, adscrito o Colexio Valenciano, que suma 11 tempadas na 3ª categoría do fútbol español, (con esta), con 118 encontros dirixidos. Esta tempada dirixeu 3 choques, Tudelano-Ferrol, (0-1), do noso grupo e Nástic-Barcelona, (1-0) e Albacete-Castilla, (2-0), (ambos do Grupo II), nos que amosou 18 cartóns amarelos, e ningún vermello. Acostuma a subir dos 5 cartóns por encontro na sua traxectoria, e non lle doe a man para amosar cartóns vermellos. Como curiosidade, na sua primeira tempada en 2ª B amosou a frioleira de 11 vermellos en 12 choques. 

O colexiado segorbino estará auspiciado nas bandas por Carlos Martínez e Alain Perea, (ambos do Colexio Valenciano). O vasco, Asier Villanueva, fará de cuarto árbitro e o rioxano José Manuel Pulido de informador da RFEF.  

 

Rolda de prensa de Borja Jiménez : PREME AQUÍ.

 

-Foto-montaxe : piratasdemuxia sobre unha foto de Google

-Foto árbitro : Cartagena CF

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies