A PREVIA : SALAMANCA UD-DEPOR : “DÍA DE EXPECTATIVAS”.

 

“Día de expectativas”

Día de expectativas e de moitas incógnitas o que se aventura. A horfandade de Fernando Vázquez, un home que fixo moito por este clube no apartado deportivo, no humán e no léxico. Consigueu unir a unha afección cabreada polas malas xestións tanto económicas como deportivas. Un sector da prensa consigueu o que quería aproveitando malos resultados e criticando todo o que se leva feito e calando a mala confección da plantilla en varios elementos.

Agora toca desexar que Rubén de la Barrera trunfe e nos leve a un nivel superior, pero que non se deixe manipular por ese sector da prensa coruñesa manipuladora e antideportivista. Unha vez máis o equipo conta con numerosas baixas e o novo técnico terá que tirar dos canteiráns que na derrota ante o Zamora non aproveitaron a ocasión de reivindicarse.

En fronte teremos o colista que tamén ven de dar paso a un novo adestrador e de reforzarse para tratar de evitar o descenso de categoría.

 

O ENCONTRO

Salamanca UD-Depor

-Día : Domingo 17 de Xaneiro

-Hora : 16:00/15:00 GMT

-Campo : Estadio “El Hemántico”

-Árbitro : Francisco García Riesgo

-Retrasmitido por : Footers

 

ÁRBITRO

Gatcía Riesgo dos máis tarxeteiros da categoría.

 

O colexiado que dirixirá o encontro de Riazor é dos máis xoves da competición. Ovetense de 25 anos, suma o seu segundo ano na categoría. Nesta tempada tan só dirixeu 2 encontros nos que amosou a frioleira de 22 cartóns amarelos e ningún vermello, cunha media de 7,33 cartóns por encontro.

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

 

Seis canteiráns na lista: Adri Castro, Juan Rodríguez, Javi Sanmartín, Iván Guerrero, Guille Bueno e o carballés, Boedo, que onte se incorporou aos adestramentos co primeiro equipo. Este polivalente carrilero, que milita no Fabril, chegou ao Club na temporada 2013-14, ás filas do Cadete B dende o Bergantiños CF, se xoga sería a sua primeira experienza co primeiro equipo. 

Regresan ao equipo Borja Galán e Derik, após superar as súas respectivas lesións musculares e recibir onte venres o visto e prace dos Servizos Médicos; e, por outra banda, quedan fóra por diferentes problemas físicos: Keko, Uche, Bóveda, Claudio Beauvue, Héctor, Miku e Rolan.

 

MANIFESTACIÓNS

-Rubén de la Barrera : PREME AQUÍ.

-Salva Ruíz : PREME AQUÍ

 

-Fotos : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Foto árbitro : Fútbol asturiano