Encontro vital para acalar os aires de desestabilización que están a chegar de maneira prematura e incrible por parte dun sector da prensa que xa moitos acuñan como antideportivista, ainda que as veces parezca que o que queren é informar sobre o noso clube.
Os de Borja Jiménez enfróntanse a un histórico que conta con 4 Copas nas suas vitrinas, (1913, 18, 24 e 27). Un clube que preside o Igor, irmán de Unai Émery e fillos do que fora porteiro do RC Deportivo do ano 1959 ó 1962. O Real Unión de Irún gañou os seus primeiros dous encontros ante Dux, (2-1) e Valladolid Promesas, (0-2), e logo sumou 4 derrotas consecutivas ante, Vigo B, (1-4), UD Logroñés, (1-0), Badajoz, (1-2) e Rayo Majadahonda, (1-0). O que o fai un rival complicado, xa que agás o resultado co Vigo B, o resto foron moi axustados e nos que mereceu como mínimo algún empate.
O vascos non poderán contar por haber sido expulsados no derradeiro encontro ante o Majadahonda con, Quique Ribero e Santos.
Nos prolegómenos faráselle unha pequena homenaxe a Javier Irureta, irundarra, ex adestrador do RC Deportivo, ao que dirixeu antre 1998 e 2005, 377 encontros, acadando 4 dos títulos dos 6 cos que conta o clube, antre outras fazañas europeas, e subcampionatos de liga. Tamén foi xogador do Real Unión.
No Stadium Gal con capacidade para 5.000 espectadores haberá unha nutrida representación de deportivistas das peñas dos arredores e dos que compraron as suas entradas dende Galicia vía internet na web do clube fronteirizo, que ofreceu 200 entradas o deportivismo.
Lista de Convodados
O Deportivo afronta a visita ao Real Unión de mañá sábado 9 de outubro ás 17:00 horas (Footters) no Stadium Gal con vinte futbolistas, todos os dispoñibles
Quedan fóra por lesión Pablo Trigueros, Valín e Trilli, todos eles hoxe con adestramento específico. A este grupo uníuselle esta mañá Alberto Benito, cunha molestia nun aductor, pendente de avaliación médica nas próximas horas. “Temos o mal do lateral dereito”, chanceou Borja Jiménez en rolda de prensa, en alusión a que tres do catro xogadores lesionados ocupan esa demarcación: Valín, Alberto Benito e Trilli. “Menos mal que fixemos moitas probas porque ao final está a ter que xogar case todo o mundo aí”, engadiu. “O que non te mata faite máis forte. Poremos algún dos que estivemos utilizando estas semanas”, concluíu.
O técnico deportivista aclarou que “Trilli non termina de atoparse cómodo en moitas accións do adestramento. Imos darlle máis tempo, a esperar máis semanas. Xa levamos un mes e pico desde que o mandamos coa selección e non puidemos contar con el. Esperemos que se recupere pronto”.
De Alberto Benito confirmou que “se fixo dano nun aductor. Faranlle probas hoxe e veremos o alcance da súa lesión”; e sobre Valín, “segue co tema do seu aductor de hai dúas semanas”, explicou Borja Jiménez.
Con Yeremay e o meta Alberto en dinámica do Fabril para o partido de hoxe sábado (12:00 horas) en Abegondo ante o CD Choco, Noel é o representante da canteira para este encontro en Irún correspondente á 7ª xornada de Primeira RFEF.
O Árbitro
Albert Ávalos no centro da imaxe.
Albert Ávalos Martos, colexiado catalán de Igualada, (Barcelona), de 35 anos, que suma na 3ª categoría do fútbol español, con esta, 10 tempadas, con 104 encontros dirixidos. Esta tempada dirixeu 1 só choque, o SD Logroñés 3-0 CD Tudelano, no que amosou 4 cartóns amarelos. Árbitro con experienza que non é moi asíduo dos cartóns vermellos, en especial nos diretos, dos que amosou tan só 2 nos 104 encontros na categoría. Estará axudado nas bandas por Diego Bolado, (Colexio cántabro) e Marc Bondía, (Colexio catalán).
Rolda de prensa de Borja Jiménez : PREME AQUÍ.
-Foto : montaxe de foto de Irureta de Twitter
-Foto árbitro : Europa Sur
-Texto : piratasdemuxia