A PREVIA : REAL OVIEDO Vs DEPOR : “CHOQUE VITAL”.

O Tartiere non tera desembarco deportivista esta tempada.

 

Encontro clave para o futuro do equipo xa que son máis ca 3 puntos. Rival direto o Real Oviedo cos mesmos 36 puntos co Depor, pero fora do descenso por golaveraxe. Unha vitoria ou un empate, (que sería mal resultado), faría que o noso equipo gañase o golaveraxe particular tralo 3-2 da primeira volta. Ademáis unha vitoria daría ás os xogadores que terían despois 2 encontros na casa, ante o Rayo Vallecano e Ponferradina, ambos equipos daban moi boas prestacións a domicilio e os de Ponferrada no primeiro encontro desta “Liga-Negocio”, deu moi boas impresións ante o noso rival de hoxe e ainda que o resultado foi de 0-0 foron os que mereceron a vitoria e dispuxeron dunha ocasión inmellorable cun tiro a madeira e foron os dominadors do choque. Este encontro para os deportivistas é moi similar ao do primeiro encontro de Fernando Vázquez na sua volta. O rival era o Racing de Santander e foi o punto de inflexión que necesitaban, pois foi o do rexurdir, xa que só valía a vitoria ante un rival diretísimo, coma nesta ocasión.

 

O ENCONTRO

Xornada : 33ª

Real Oviedo Vs Depor

Hora : 19:30, (17:30 GMT)

Campo : Carlos Tartiere

Tv : #Vamos

Árbitro : Óliver de la Fuente Ramos

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

Destacar a volta de Víctor Mollejo que cumpreu a sanción por acumulación de cartóns e de Aketxe e Hugo Vallejo, recuperados de molestias musculares. Continúa na lista por segundo encontro consecutivo o porteiro xuvenil Alberto ante a lesión de Jovánovic. Cáense da lista, Montero e os canteiráns, Gandoy e Juan Rodríguez.

 

O ÁRBITRO

Árbitro valllisoletano do colexio Castelán-Leonés que vai camiño dos 32 anos e que nesta tempada na Segunda División dirixeu 16 encontros nos que amosou 82 cartós, con 3 expulsados e pitando 4 penaltis. A nós dirixeunos o encontro ante Málaga en Riazor, e aos ovetenses a sua visita ao Almería.  

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.