A PREVIA : PONTEVEDRA CF-DEPOR : “O DERBI DE SONDEO”

 

Pontevedra e Depor xogan un derbi na zona alta que serán 3 puntos para un dos equipos, ou un punto para cada un. Na clasificación será coma se fose contra calquer outro rival, pero para os equipos e as afeccións, é un punto de sondeo para ver a capacidade de ambos equipos ao afrontar un encontro ante u rival con cualidades, o que de aquí a uns meses será unha constante en cada choque.

O Depor chega sen ainda completar un encontro completo bo no que se refire ao xogo vistoso, pero cuns númeors extraordinarios na clasificación e no apartado defensivo, encaixando un só gol en contra, o que os fixo o Salamanca, tras un rexeie dunha falta no minuto 66 da primeira xornada. Polo tanto, leva o equipo deportivista 500 minutos sen enca.

O Pontevedra CF, a 2 puntos dos deportivistas, está a facer bo fútbol, e vendo porta con facilidade, con 10 goles a favor, (o dobre co Depor), pero concedendo demasiado en defensa, con 6 goles en contra.

Polo tanto este sábado en Pasarón veremos a mellor defensa dos 102 equipos da 2ª B, (xunto co Ibiza que tamén leva un só gol en contra), contra a mellor defensa dos dous grupos do Subgrupo A, e só superada por Badajóz, (14), Ibiza, (12), Nástic, (12), e Lleida, (11), empatando con 10 con : Real Sociedad B, Mutilvera, e Murcia.

O ENCONTRO

Pontevedra CF-Depor

-Día : Sábado 5 de Nadal

-Hora : 17:00/16:00 GMT

-Campo : Estadio de Pasarón

-Árbitro : Raúl Martín González Francés

-Retrasmitido por : TVG 2/TVG Internacional

-Internet : http://www.crtvg.es/

ÁRBITRO

Raúl Martín suma a sua 7ª tempada na categoría.

O colexiado que dirixirá o encontro de Pasarón é o canario das Palmas de Gran Canaria, Raúl Martín González Francés, de 32 anos de idade e que leva con esta, 7 tempadas na categoría, nas que dirixeu 71. Nesta tempada tan só dirixeu 2 encontros nos que amosou 9 cartóns amarelos e 1 vermello, dentro da sua media dos derradeiros anos que foi por enriba das 4 cartulinas amarelas, na maioría delas, e moi poucas vermellas cun 0.14%. Tan só na sua segunda tempada abusou do vermello, con 6 amosados. Polo resto, 1 ou ningunha por tempada. O pasado ano actupu de 4º árbitro en Riazor no Dpor-Cádiz, (1-0).

Como anécdota comentar que Raúl Martín González é árbitro internacional de Fútbol Praia, e foi o único árbitro español que participou no pasado Mundial de Fútbol Praia disputado no 2019 en Paraguai.

LISTA DE CONVOCADOS

Viaxan os mesmos 19 xogadores que foron convocados para o Depor-Ferrol da pasada semana. Diego Rolán que tivo as típicas molestias de falta de rodaxe, completou o adestramento o completo, ainda que foi un adestramento menos esixente do habitual e mañán daráselle unha pequena proba. O equipo tras cantar xuntos en Abegondo viaxarán en bus diretamente a Pasarón para a disputa do choque.

o que se refire as baixas, estará por segunda semana consecutiva, Keko Gontán. Baixa sensible a deste xogador que estaba a ser o mellor da plantilla. Con él quédanse na Coruña, Derik e Miku. Feranando Vázquez comentaba que igual, se as cousas seguían así, poderían estar co equipo antes do Nadal,  algún incluso para o vindeiro choque.

No que se refire ao noso “rival/amigo”, a baixa sensible do ex deportivista Roñay, que sufreu unha escordadura de xeonllo, e o que lle desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación.

-Foto e Texto : piratasdemuxia

-Foto convocados : RC Deportivo

-Foto do árbitro : Federación de árbitros de Canarias

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies