A PREVIA : O DEPORTIVO FEMININO BUSCARÁ EN VALENCIA ACERCARSE OS POSTOS DA PERMANENZA.

Dende a derrota ante o Atlético as deportivistas deron un paso adiante.

 

O Deportivo ABANCA buscará con 17 xogadoras, incluída a canteirá Eva Dios, reencontrarse co triunfo este domingo 24 de xaneiro ás 10:15 horas na Ciudad Deportiva de Paterna ante o Valencia CF Femenino, en choque correspondente á 16ª xornada na Primera Iberdrola.

A clasificación aperta posto que as branquiazuis pechan provisionalmente a táboa con sete puntos en trece partidos xogados; é dicir, dous encontros menos. A salvación está a catro puntos, a tiro de pedra.

Manu Sánchez conta para esta cita coas baixas de Carolina Arbeláez, cunhas molestias nas costas; e Ainoa Campo, que estivo uns días con adestramento específico e non chega ao encontro en condicións físicas óptimas.

 

 

Finalmente o conxunto deportivista cambiou a súa folla de ruta. Suspendeu o adestramento de hoxe sábado ás 09:00 horas en Abegondo, e no seu lugar realizará unha sesión de activación no Hotel Valencia Congress, nada máis chegar.

 

-Foto e Texto : rcdeportivo.es


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies